miércoles, octubre 03, 2007

Cesado o policía portugués responsábel de investigar a desaparición de Madeleine MacCann

Gonçalo Amaral, responsábel da Polícia Judiciária pola investigación do caso da desaparecida nena británica Madeleine MacCann, foi cesado hai a penas catro horas polo director nacional desa Policía portuguesa por unhas declaracións que hoxe publica o xornal lisboeta Diario de Noticias nas que, entre outras cousas, o polémico policía sostivo que "a Policía británica tem estado unicamente a trabalhar sobre aquilo que o casal MacCann pretende e lhe convém".
Ampliarei esta información nos próximos minitos.