
“Non somos nin as páxinas amarelas nin unha guía turística”, foi o argumento do esixente administrador que considerou que o Mozli no é abondo coñecido nin foi ata agora sufientemente reflexado polos medios de comunicación como para ter entrada na Wikipedia. Porén, non todos os usuarios desta enciclopedia electrónica estiveron conformes coa supresión do artigo, que orixinou un debate acalarodo entre partidarios e contrarios da súa publicación. Logo de dárense a coñecer na rede os cambios propostos ao artigo, a decisión final foi a de que apareza finalmente na Wikipedia. Se cadra sucedeu así porque onde hai patrón non manda mariñeiro ou tamén puido ser porque o restaurante en cuestión é dos que pagan a pena e o artigo do fundador da Wikiepdia ata é bo e todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario