domingo, octubre 07, 2007

Quen é López?


Nos últimos días producíronse varias entradas de lectores que insistiron en preguntar quen é López, o autor das viñetas que ilustran boa parte dos posts deste blog. Onde vai López? preguntaron outros. Non vou revelar a identidade de López, que é cousa súa, pero vou dar unha pista: a modestia non é unha das súas virtudes. Mirade este debuxo.

9 comentarios:

deep trought dijo...

Semella que o López e tan presumido como o García-Sabell ao que, un pouco màis abaixo, debuxa "vestido" cos atributos masculinos do David.

Anónimo dijo...

Rediós, Deep Troulas: E eu que pensaba que o que facía o López era poñer a cara de García Sabell no sitio da de David. Mira en que te fixache ti. Deberías ir ao Pombal.

Anónimo dijo...

Ten razón anónimo. Eu pensei que deep trought viña polo informador do watergate, pero agora vexo que ven da tamén famosa película.

deep trought dijo...

Non sei si sabes, anonimo dous, que as cousas podenselle dar usos diveros, mais dificilmente simultáneos. Certamente deep trought ven da pelicula, pero seguro que non fun o único que pensou na entreperna de David, dende Miguel Ángel ata hoxe.

Anónimo dijo...

Deixando de lado os problemas sexuais de deep, penso que os debuxos de López non desmerecen nun blog de altura, como o que nos ocupa.

Anónimo dijo...

Concordo. Non só non desmerecen, senón que penso que Perfecto conta con un dos millones humoristas gráficos de Galicia neste momento. O que non entendo é que non estea nalgún medio.
Se é para abandonarnos, millor que sexa así, e se ten tentacións, que Perfeuto lle suba o soldo.

Anónimo dijo...

A mín gustaríame saber cómo facedes. ¿Escrebe Perfecto e López debuxa sobre o tema ou López debuxa o que lle peta?

Vasco Moscoso de Aragao, Capitao de Longo Curso dijo...

Perfecto está claro que escribe sobre o que lle peta y da maneira que lle peta. Paréceme que o tal López fai o mesmo, debe ser un seguidor do blog de don Perfeuto (coma nos) e, ás veces, póñense da cordo en tocala misma peza.
P.D.: Non lle suba o soldo, don Perfeuto, que temos ameaza de inflación.

Anónimo dijo...

Eu convidaba ó López a un bo xantar, maiormente por saber quén raio é. Levo unhas semanas recollendo pistas neste blogo e cada ves ando máis confuso:

que si é de terras de Miranda; que navegóu polo Sidoiro; que toca armoniosamente a jitarra e a harmónica con enerxía; que non é o ferrolán Siro López

Nova teoría: ¿E si ven sendo a rapasiña que o Sr. García Sabell fixera desaparecer da foto con Sr. Valle Inclán?