martes, septiembre 25, 2007
Alta velocidade, nin por aproximación
No que se refire a alta velocidade ferroviaria, de momento, en Galicia nin por aproxima-
ción. Aos retrasos que xa constitúen un problema clásico da política de infraestruturas que nos afecta hai que sumar a revisión que fixo Portugal do proxecto para unha liña de Porto a Vigo, que deberá estar operativa en 2013, pasando a velocidade prevista de 350 a 250 quilómetros por hora. Será, polo tanto, unha liña mista para "atinxir o limiar da sustentabilidade", segundo declarou hoxe a secretaria de Estado de Transportes de Portugal, Ana Paula Vitorino.
Esta representante gobernamental do país veciño considera que a alta velocidade "nao é finaceiramente sustentável" para o que toca a liña Porto-Vigo e anuncia que "para garantir o limiar da sustentabilidade", nunha primeira fase, vai ser utilizada a liña convencional Porto-Braga que xa existe. Ana Paulo Vitorino tamén anunciou que a alta velocidade ferroviaria será conectada co aeroporto Sá Carneiro do Porto mediante "o mellor trazado en termos de tempo e percurso". A entidade responsábel de desenvolver a alta velocidade ferroviaria en Portugal (Rave) está estudiando dúsas hipóteses para esta conexión. A liña do Miño, xa existente, ou a contrucción dunha liña nova.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu, don Perfeuto, estou nunha idade na que me dá por pensar que xa hai que ir renunciando a case todas a esperanzas.
(E niso dos trens de carreiras, a verdade, nunca lle confiei moito...)
Boas noites a todos -moi cariñosamente aos amigos reencontrados- e que teñan, uns e outros, a sorte que merecen.
Almiral Mouchez
Publicar un comentario