lunes, septiembre 17, 2007
Günter Grass galego
Intere-
sante,
moi in-
teresan-
te, o que dixo Marcos Valcácel, no seu propio blog As uvas na solaina, a respecto da revista Teima, da que se están cumprindo trinta anos da súa aparición. Confesa o escritor nacionalista que en 1977, militando na AN-PG, na UPG, en ERGA, no Frente Cutural da AN-PG, na Asociación Culrural O Eixo, na Auriense e no Cineclube Padre Feijóo –¡vaia carreira!–, foille encargado pola UPG, a través de Bieito Iglesias, facer un estudio a fondo do semanario que dirixía Ánxel Vence e que el mercaba daquela e coleccionaba, e aínda garda agora.
“Tratábase de demostrar –di Valcárcel– que era unha revisa ó servizo do españolismo e do que daquela chamabamos seudogaleguismo (PSG, APG, etc.)”. Engade o escritor e profesor que fixo o traballo “con xeito” e conclúe que “Teima non informaba da vida do que logo foi o Bloque (porque os seus dirixentes se negaban a ser entrevistados) e tiña unha liña prexuizosa contra o mesmo”.
Entre outros argumentos contra Teima sostén Valcárcel que “estaba o seu tratamento dos sucesos de Xove, o apoio a Ferrín con entrevistas (cando nacía a UPG-LP, escindida da UPG), a entrevista a Carlos Velo, que tamén falaba disto, etc.”. O ex censor di que fala de memoria porque non gardou copia do informe, e que “pouco despois fixera outro semellante para recomendar que a militancia nacionalista non lera 'El Viejo Topo' porque desanimaba os mozos con artigos sobre a ‘crise da militancia’ e outros antinacionalistas" (sic).
Sostén Valcárcel tamén que “daquela non coñecía a moitos dos promotores de Teima que co tempo foron tamén amigos meus; agardo que me perdoen este ‘traballiño inquisitorial’ que, supoño, non tivo influencia ningunha nas decisións da UPG, que xa acordara daquela (etapa Elvira Souto) boicotear totalmente aquela revista”.
Joder, tardei trinta anos en porlle nomes e apelidos aos que me “censuraban” daquela, porque algo me tocaría por ser un dos redactores de Teima que informou do de Xove, por exemplo. Salvando as distancias, que son moitas en todos os sentidos, Marcos Valcácel acaba de converterse no Günter Grass galego. De aí ao Nobel só hai un Miño.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
16 comentarios:
Coido sinceiramente que está desvariando, e sendo moitos os que o seguimos, con estas caralladas que máis que informacións son alaridos, Sr. Conde non gaña nada.
Si Marcos Valcárcel e o Günter Grass galego, vostede e o Jimenez Losantos do país, pero sin tanta tela e audiencia.
Non siga por aí
No lle faga caso, Sr. Conde, a ese Bastián. Que a audiencia xa chegará se segue como ata agora. E a tela, virá tras dela. Haille moito envexoso no país. E non se preocupe. Por moito que lle digan, vostede nunca se parecerá a Jiménez Losantos. Non hai máis ca terlle en conta o que leva escrito ata agora.
Saúdos.
Vos sos un poco impulsivo, ¿eh, gallego?
Tenés que mejorar el autocontrol.
Non te metas con Marcos, Perfeuto, que é un gran tipo.
(E contesta ás cousas que che preguntan nos fíos...!)
Para que tes un blog se non sabes andar nel?
ALMIRAL MOUCHEZ
Como can vello do xornalismo que é, o Perfeuto sabe como facer (escola Interviú manda) para acrecentar as visitas ao seu blog: caer no sensacionalismo e escandalizar. Así se explican os posts sobre a Madeleine, sobre a Nicole e agora sobre o Valcárcel.
Can vello este Perfeuto, sabe o que fai.
Acepto como piropos todo o que di "sei que fixeches no derradeiro verán" (expresión que sospeito de quen vén polo seu arume poético).
Pero teño que engadirlle que non só é simple mercadeo a política persoal deste blog. Procúrase, fundamentalmente, informar, contestualiazar e analizar a realidade circundante dende posicicións críticas e metodoloxía heterodoxa, algo do que andamos moi necesitados se non me equivoco.
Non trato de ser independente senón de ver as cousas e o mundo delas sen dependencia, que non é exactamente o mesmo. Se tivera que dar un eslogan, ofrecería o de "Croques, información e análise sen dependencia".
Pero, vaia, que lle agradezo moito os piropos. Can non sei, pero vello xa vou sendo. E de Intervíu algo debín aprender. Non foi gratis o feito de que pasara 19 anos nese semanario. No tocante ao caso Madeleine ou a simpática anécdota de Nicole Neumann e o seu can, ¿pode alguén negarme o seu interese por moi relativo que for? No de Marcos Valcárcel, ¿que queren que lles diga? A min sempre me revoltaron bastante os arrapentidos que rematan contando os seus pecados como se foran simples vicios da mocidade. Non tén moita importancia, pero tócame os güevos mentais ese tipo de pereradas, como diría o Méndez Ferrín, que se as fai Pérez Varela son pecado de lesa patria e se porveñen de Antón Losada ou doutro calquera son mostras de intelixencia adaptativa. Por outra parte, tampouco o insultei. Xa me gustaría a min que mechaaran Günter Grass.
Ao gran, don Perfeuto, ¿a Nicole esa está boa ou non está boa? Digo eu que moito mellor que o señor Valcárcel. ¡Onde vai parar!
Sega poñendo mulleres guapas, que alegran a vista moito máis que o Antón Losada. Aprobo a nova liña do seu blog.
Perfecto:
Diante de todo un saúdo moi afectuoso despois de atntos anos.
Non desvarías. O que conta o sr. Valcarce é pouco. Cargáronse Teima como se cargaron até a vida sexual de moitos militantes.
Deixémolo así. Pero millor que non poñan a U na cimeira do parnaso galego.
Desde sempre e para sempre, unha aperta:
Xiao Roel
http://www.blogoteca.com/filintista
Home, iso de que a UPG se cargase a vida sexual dos militantes xa é moito.
O/a que non follaba era porque era un/ha torpe ou un cazo.
Claro que tamén é certo que entre as militantes non había ningunha Nicole Newmann, nin entre os militantes un Brad Pitt.
Mensaxe especialmente dirixida a Bastián Gómez Trabadelo:
Acabo de suprimir a súa mensaxe na que fala de prácticas sexuais e virxinidades que só a súa propia intimidade e a de quen con vostede compartillase experiencias deberían corresponder. Referíase, ademais, vostede con nome e apelidos a unha determinada persoa que exerce cargos públicos e que é merecente de todos os respectos inherentes a eses cargos e a dignidade cidadá.
Só no caso de que vostede aportase probas, e non indicios, e menos aínda unicamente unha versión persoal, de que puideran ter sido algunha vez afectados os seus dereitos individuais, sería posíbel que eu lle dedicase algún minuto de atención informativa. Lémbrolle que, en tal caso, non debería acodir vostede onda min senón xunto á autoridade competente que lle puider asistir legalmente.
Dáme igual que me comprenda ou que non. O que lle quero dicir moi claramente é que mensaxes coma última que me mandou vostede están de sobra neste blog. Vostede xogou limpo cando me mandou a primeira mensaxe, que publiquei, defendendo a Marcos Valcárcel, pero traspasou o límite do lixo cando volveu a comunicarse comigo falando doutra persoa.
Que lle vaia ben.
Perfecto Conde
Ben feito, don Perfeuto.
Tamén eu estou dacordo con que vostede borrara o comentario
Non leín o comentario de bastián, sí as razóns de Perfecto para borralo e leín despois que a bastián pareceulle ben.
Gustoume a resposta de bastián e a autoridade de Perfecto.
Hai que pensar as cousas, ainda que insisto na rapidez da rectificación do autor.
O Bloque non foi tan rápido no tema dos 15.000 euros como bastián.
A Bastián Gómez Trabadelo:
Se fose de sabios rectificar, vostede é sapientísimo, porque soubo facelo aberta e rapidamente. Rachou con esa teima antiga de sostenella e no enmendalla.
Felicítoo moi sinceramente. Din os franceses "qu'il n'y a que les imbéciles que ne changent pas". E dou por verdadeira tal sentencia.
Morra, pois, o conto. E saiba que tén este blog e ao seu editor ao seu dispor.
Perfecto Conde
Todo moi ben e moi correcto, si señor, pero eu debo ser o único que chegou tarde e que non puiden ler o comentario ese do señor Bastián. Dixéronme que contaba cousas moi "sabrosonas" dun galego importantísimo. Non se referiría a Touriño ou a Quintana? Ou si? E non podería, aínda que fose, publicar unha reseñiña. Quedoume o corpo mal de non saber o que se dicía.
Publicar un comentario