A emoción
Nicole Neu-
mann está subindo. Logo de
"arduas negociacións con el entorno", como din os de Movimiento Ponete en Bolas Nicole, aprazouse en 24 horas máis o ultimamtum para que a modelo cumpra a súa promesa de espirse en Buenos Aires.
Os promotores do MPBN sosteñen que se adiou o prazo a petición da
sex simbol e que eles accederon.
"¡Pero nin un minuto más!", segundo manifestaron. Desenlace, pois, o domingo.
4 comentarios:
Pois tampouco está tan boa. Moita fame deben de andar a pasar alá pola Arxentina, carallo.
Amigo, ou tes que ir ao oculista ou facerte ver as meninxes, que o teu non é normal. Que non está boa? Está boísima!
Deixando un instante de lado o da rapaza esta, que agora xa me cansa.
(Nin lle collo máis o móbil, que vaia dar unha volta pola Avenida Corrientes.)
Estiven onte á noite lendo o libro-conversa que lle fixeron a Reigosa, e fala moitísimo -con razón- de vostede.
Alegroume, si señor.
Boas tardes a todos.
(Son Don Cástulo, perdón)
Como me gustan as navallas Vitorinox ;-)
Publicar un comentario