Tocoume entrevistar esta semana a Ana Kiro para A Nosa Terra, e foi unha bonita experiencia. En menos de media hora de conversación, respondeume sen titubear a 26 preguntas e non tiven que poñerme a suar para escoller un titular entre as súas frases. Falamos na linguaxe limpa e sinxela da rúa, e as palabras fluíron sen buscalas. Como se foran auga pura dunha fonte de Arzúa ou da Pontenova.
Só polo mérito de levar moitas décadas no oficio, entrevistei a centos de pesroas das máis diferentes profesións e pelaxes políticas e culturais. Pareceralles raro, pero foi a de Ana Kiro unha das entrevistas que máis me gustou persoalmente. Quizais só comparábel ás moitas que lle fixen a Camilo José Cela, a Jorge Luis Borges ou a Jorge Amado pola proximidade e a sinceridade das persoas entrevistadas. E iso que con Ana nunca cruzara antes unha soa palabra.
Gustoume dela ese xeito que tén de vivir á súa maneira, e non o digo só porque viva co seu home, rodeada de cans, nun outeiro de Mera dende o que se pode mirar e admirar toda a bahía e a cidade da Coruña. Deume envexa porque ela tén nove cans e eu só teño dous, pero gáñolle por goleada en número de gatos. Admiroume a súa maneira de agarrar a vaca polos cornos sen medo a saír corneada. Sen dúbida é unha muller valente que non aforra o agarimo nin a benevolencia. Quizais tardei demasiado tempo en coñecela. A mágoa é que non me gusten as súas cancións nin a súa arte como me poden gustar as de Amalia Rodrigues, poño por caso.
A Ana Kiro vanlle facer unha homenaxe este sábado en Mera. ¡Saúde e sorte, señora!
2 comentarios:
A miña dona con ocasión dunha entrevista que lle fixo cando traballaba e presentaba un programa na TVG, comentoume o encantada que quedara con ANA, e o inxustamente tratada que era pola intelligentsia -non sei se se pon así- pero certamente confórtame que alguén se acorde de que Galicia chega máis aló de onde quere o BNG e os seus outos cargos
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,
菲
梵,
Publicar un comentario en la entrada