lunes, septiembre 24, 2007

Escandalosos e ignorantes

¿Ninguén vai poñer a Xosé Luís Barreiro no seu sitio? O artigo que publica hoxe en La Voz de Galicia sobre os célebres 15.000 euros da discordía, chamándonos escandalosos e ignorantes aos que non dicimos que si a todo, ademais de confundir aínda máis esa materia de por si xa confusa que é o sexo dos anxos, riza o rizo ata o sorriso.
Barreiro bambolease el mesmo para falar do bamboleo do BNG e reduce a polémica a un problema de ignorancia: "a dos que ignoran que o seu propio soldo está cheo de retribucións complementarias de escasa ou nula obxectividade; a dos que non saben explicar que queren facer o que xa se fai na Administración central e na maioría das autonomías, e a dos que, en vez de enterarse de que estamos falando, prefiren falar dos altos cargos como se pertenecesen á banda de Alí Babá".
O autor do artigo, que é experto en moitas cousas –mesmo seguramente en materia de altos cargos relacionados coa banda de Alí Babá– esqueceuse dunha soa cousa: de que hai moita xente que xa está ata os mesmísimos de tanta retórica para xustificar o de sempre. ¿Bamboleo? O do señor Xosé Luís Barreiro, por exemplo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

O señor Barreiro Rivas excedese no seu maxisterio, como profesor e polemistas politicólogo, pode facernos curiosas aportacións, pero en canto a leccións de ética debería calar, porque eu foi condeado por prevaricador, aceptou a condea e cumpliuna sen rechistar, algo quera esto dicir. Un señor, que saiu da nada e a conta da politica é agora profesor universitario e rico. Mellor que cale. Aínda que esté claro interesado en demostrar que todos os políticos son da súa condición.
Amais xa está ben de tanta fealdade, quedan moi feos eses artigos en español, defendendo o emprego deste idioma cuns argumentos propios dun novo rico.

bastián gomez trabadelo dijo...

O bon desta historia, amigo Perfecto, é que cada un fala da feira según lle vai.
Estará conmigo en que sempre é bon ter varios puntos de vista para contrastar, e Barreiro, que hoxe, creo, non ten que pagar peaxes a ningúen, dá unha explicación que ata de agora ningúen a deo e aclara o que ningún dos políticos en activo -os que cobrarán o sobresoldo- se atreveu a dar.
Hai moitos anos xa lle dixen que en vez de adicarse a escribir que fixera una unhas oposicións, e me consta que súa mai tamén llo dixo, ainda que nunca crein que puidera aceitar estar sete horas as ordes dun merdán calquera.
Cando estaba revisando o meu post, lín o do anónimo anterior, e a verdade e que casi me arrepinto de comenta-lo, xa que pensei que non había tantísima ignorancia.
Igual que a mín -de vez en cando- me censura, debería tamén facer un control de calidad dos comentarios dos colaboradores

Anónimo dijo...

Habla Barreiro de escándalo e ignorancia. Ya están de nuevo las clases presuntamente ilustradas descalificando desde arriba, desde "A Torre Vixía" en este caso, el buen sentido de las gentes, que no es otra cosa que el sentido común.

El señor Barreiro está muy preparado para hablar de pluses, complementos, trienios y sexenios. Es su oficio. Pero su CV no tiene línea alguna que le habilite para juzgar la decencia. No estamos diciendo que el manido plus sea ilegal, señor Barreiro, es indecente (falta de recato, honestidad o modestia, señor Barreiro).

Don Perfecto, añádale una palabra más al título: "Escandalosos, ignorantes e indecentes".

Anónimo dijo...

Eu nunca comprendín a fascinación que moitos nacionalistas sinten por este personaxe.

Barreiro, nun arrinque de insólita solidariedade, pretende xustificar inutilmente o inxustificable, mesturando allos con bugallos, creando confusión e -por se isto fose pouco- insultando descaradamente aos que nos opomos a este desaguisado dos sobresoldos.

Anónimo dijo...

1) Os tres partidos parlamentarios aproban a norma por unanimidade (están dacordo en coidar as súas carteira).
2)Publican a norma en agosto, procurando que os cidadáns esté tomando o sol
3) Cesan a Interventora Xeral da Xunta (que non tragaba cos seus desmáns administrativos) doce días antes de que teña dereito ó aguinaldo.
4) Esperan a que o Antonio Losada teña os seus dereitos consolidados, para premiar o seu respeto as mais elementais normas de urbanidade
6) E agora aparece un defensor da norma, que mais lle valera estar calado, no seu día condenado pola súa actuación como alto cargo.
Carallo, e logo sorprendense os políticos de que os cidadáns queden na casa cando son chamados a participar nas eleccíons!!

Anónimo dijo...

Menudo paxaro!

Anónimo dijo...

Sr. Bastián, aviso, non teño calidade no meu comentario, coma o seu. É un xogo: non sei se Barreiro xa non ten que pagar peaxes, pero lle dou unha pistiña, Gabinete de Petene + Gabinete Relacións Exteriores.

O dos 15.000 é unha vergoña.