martes, septiembre 25, 2007

Isaac Díaz Pardo

Celebro que Isaac Díaz Pardo aceptara facer unha vidreira para o hemiciclo do Parlamento de Galicia. A súa obra compartirá espazo coa que xa fixo o falecido Xosé Otero Laxeiro en 1989 e que ocupa o lucernario que hai na entrada principal do edificio da rúa do Hórreo. A vidreira do fundador de Sargadelos instalarase nos vitrais que presiden a parede frontal e a tribuna do salón de plenos parlamentario.
Como ben di o propio Parlamento na comunicación oficial deste acontecemento, "só un artista da talla de Díaz Pardo podería competir con Laxeiro neste espazo preeminente da institución que representa a todos os galegos e que quere unir a dous dos máis representativos artistas que deu Galicia en toda a súa historia".
Así se fala, e non como acaba de facer un xornalista de nome descoñecido nas páxinas do suplemento dominical de El País publicando algo que pretendeu ser unha reportaxe sobre Sargadelos e O Castro e que quedou reducido ao texto dun analfabeto por ignorar solemnemente o máis importante deses dous lugares de referencia da cultura galega. Que un becario da folla parroquial de Pedrouzos de Arriba fose capaz de escribir deses dous sitios sen citar a Isaac Díaz Pardo e a Luís Seoane podería pasar, pero que o faga alguén que publica nun dos catro xornais máis importantes de Europa, como diría Trillo, manda güevos.

3 comentarios:

Mariano Grueiro dijo...

manda carallo!

Anónimo dijo...

Impresentable ese artigo. Ao meu mellor ese becario falou cos actuais donos e untárono ben untado para que ignorase ao Isaac.

Anónimo dijo...

Pois logo cubríronse de groria os "actuais" donos. Total xa estaban cubertos de merda polo que lle fixeron a Isaac.