jueves, septiembre 13, 2007
Caso Madeleine, misterio sen resolver
Na foto grande, Gonçalo Amaral. Á esquerda, Robert Murat. Na outra foto, Gerry MacCann cos seus fillos no Algarbe, nunha escea na que tamén aparece o suposto policía que pode parecer que os vixía.
O caso da nena inglesa Madeleine McCann, desaparecida en Portugal o 3 de maio, rematará converténdose nun tema de cine negro. De feito, xa hai quen está traballando nesa dirección coa lectura diaria de dous blogs que resultan contraditorios nas súas hipóteses, pero que sen dúbida son complementarios (www.master-of-fate.spaces.live.com/blog/ e www.escepticismocriminologico.blogspot.com).
Manexando algúns datos reais, o primeiro sostén a desacougante teoría de que os pais de Maddie, Kate e Guerry MacCann, están sendo vítimas dunha conspiración montada por determinados elementos da Policia Judiciaria portuguesa para facerlles "comer o marrón" de que foron eles os que causaron involuntariamente a morte da pequena e fixeron logo desparecer o cadáver. O autor deste blog, que escribe nun español cheo de xiros e vocabulario latinoamericanos que poden proceder de México pero tamén de Arxentina ("el cuerpo de la beba", "la pijama azul de Madeleine", etc.) relaciona a un dos inspectores que dirixe a investigación da desaparición de Madeleine, Gonçalo Amaral, cun caso de torturas, ocultamento de probas e falsificación de documentos que foi investigado internamente pola Policía portuguesa hai pouco tempo e que afectou tamén a outros catro funcionarios.
A verdade parece ser, en efecto, que Gonçalo Amaral foi un dos responsábeis de investigar un recente suceso moi sonado que lle custou unha condea de 16 anos de cárcere á portuguesa Leonor Cipriano, acusada de matar a súa filla Joana sen que nunca aparecese o cadáver nin evidencias totalmente probatorias da súa morte. Arredor deste suceso especulouse coa posíbel participación dunha rede de pedofilia que podía ter infiltrados na propia Policía. Lémbrese que en Portugal vivíuse recentemente un clima de alta preocupación por estes temas ao decubrirse que realmente existíu polo menos unha rede desta natureza na que estaban implicados políticos, policías, algún membro da xudicatura e mesmo figuras moi coñecidas da televisión.
Os que sustentan esta hipótese chegan aínda máis lonxe ao diciren que no caso de Madeleine están xogando mesmo intereses políticos e económicos que pasarían pola preocupación de que se extendera a versión de que no Algarbe poderían estar operando redes de pedofilia ou de tráfico de nenos que rematarían danando seriamente o turismo da zona, altamente surtido por británicos, alemáns e franceses. Tamén sosteñen que o que foi primeiro sospeitoso pola deaparición da nena inglesa, Robert Murat, é un dos colaboradores da Policía portuguesa á que prestou, por exemplo, servizos de traducción e ata chegou a movilizarse no Algarbe utilizando coches dese corpo de seguranza. Murat, coa súa noiva alemá Michaela Walczuch, rexenta unha axencia inmobiliaria que tén a súa sede moi cerca do local no que desapareceu Madeleine.
Outro punto misterioso que manexan os soportadores desta versión é o de que o pai da desaparecida está nunha foto que foi tomada con ela antes de sucederen os feitos do 3 de maio e na que tamén aparece un policía portugués en actitude de vixiar a escea. ¿Estaban sendo seguidos xa daquela os McCann?, pregúntanse os autores desta teoría da conspiración.
No outro blog, unha suposta experta española e criminoloxía, Elvira Saez de Alberola, trata de desenvolver a hipótese contraria que coincide case milimetricamnte coa que está aplicando a Policía portuguesa e que xa é sobranceiramente coñecida pola información que foi subministrando a Policía aos medios de comunicación, sobre todo os portugueses. Ensencialmente, consiste en supoñer que algún dos pais de Maddie, ou ámbolos dous, subministráronlle á pequena algún somnífero ou calmante co obxecto de faceren que os tres nenos durmiran mentres eles acodían a cear e beber viño cun grupo de amigos. A consecuencia deste tratamento, a nena morrería e logo os pais facerían desaparecer o cadáver coa axuda dalgún dos comensais desa noite para non vérense afectados polo efectos demoledores que podían derivarse para o seu prestixio profesional –os dous son médicos– de que se soubera o que pasou.
O malo de todo isto é que a auténtica vítima, unha nena de catro anos, non se sabe onde nin como está. ¿Pode estar aínda viva? Se está morta ¿quen a matou? ¿Onde está o seu corpo? Polo ben de todos cumpriría arranxar este caso canto antes e da mellor maneira posíbel, que non é outra ca da investigación policial e xudicial responsábel, solvente e civilizada. E, sobre todo, sen que ninguén –Policía portuguesa incluída– teña que comer ningún "marrón".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Don Perfecto: Case non che vou dicir quen son, porque ti seguramente xa o imaxinarás. E se non o imaxinas, pois dá o mesmo. Son un amigo teu que te quere felicitar por este blog extraordinario, que miro todos os días. Verdadeiramente, é un pracer lerte. Por múltiples razóns. Só unha vez te pillei non vou dicir que nunha mentira, que certamente non é o caso, pero si nun erro da túa memoria.
Como que non tiñas catálogo da exposición que lle dedicaron a Cunqueiro no Círculo de Bellas Artes de Madrid?
Non che comprei eu un, Landrú...?
Mil pesiños, que paguei moi relixiosamente, a pesar de que estaba en rústica.
En fin, nada. Que ánimo con isto, que é unha marabilla.
Mil apertas, irmán.
O amigo Anónimo vén de deixarme preocupado. Ou temos un malentedido ou el ou eu deberiamos pasar polo médico para consultar a posibilidade de padecermos algunha forma de Alzheimer.
Dime que eu debo ter o catálogo da exposición que lle dedicaron a Cunqueiro no Círculo de Bellas artes de Madrid porque el mesmo mo comprou pagando relixiosamente "mil pesiños". Quero aclarar que se refire ao libro que publicou o actual ministro de Cultura, César Antonio Molina, "pirateándome" unha entrevista que lle fixen eu ao escritor de Mondoñedo e que foi publicada no xornal EL País.
Pois resulta que, ou a miña memoria xa non val para nada, ou ese "regalo" que eu estimaría enormemente,nunca me foi ortogado. É dicir, entregado. Metido en dúbidas polo que me di este amigo, acabo de repasar a miña biblioteca e non o vexo por ningures. ¿Poderei estar tan equivocado?
Prégolle ao amigo comunicante que se poña en contacto comigo a través do meu email (perfectoconde@ya.com)ou do meu teléfono (608619112)antes de que me decida a encherme de cenorias por ver de recuperar a memoria perdida.
Saúdos, e moitas grazas polos piropos que sempre lle acaen ben a autoestima, que agora está tan de moda.
Perfecto Conde
Eu tamén o felicitei e, en troques, non mo agradeceu. Estou ciumento!
No tocante ao caso Madeleine, que é do que se fala aquí (e non do meu libro), debo confesar que fun eu quen matou a Kennedy. A ver si a policía portughesa ten ghuevos de investigarme.
A foto do policia está trucada.
Los correos electrónicos a perfectoconde@ya.com vienen devueltos (return to sender)
kd 12
supreme t shirt
curry 7
supreme clothing
off white clothing
off white clothing
kobe shoes
kyrie 6 shoes
golden goose
jordan shoes
Publicar un comentario