jueves, septiembre 20, 2007

O aguinaldo

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Oia, señor Conde: E logo por que borrou o comentario que lle envíou Bastián Gómez Trabadelo? Estivo unhas horas colgado e logo foi suprimido. Non é iso censura? Vostede que tanto protesta cntra dela!

Anónimo dijo...

Contéstolle copiando a resposta que lle dín ao comunicante Bastián Gómez e que está publicada no post que se titula "Günter Grass galego":

"Mensaxe especialmente dirixida a Bastián Gómez Trabadelo:
Acabo de suprimir a súa mensaxe na que fala de prácticas sexuais e virxinidades que só a súa propia intimidade e a de quen con vostede compartillase experiencias deberían corresponder. Referíase, ademais, vostede con nome e apelidos a unha determinada persoa que exerce cargos públicos e que é merecente de todos os respectos inherentes a eses cargos e á dignidade cidadá.
Só no caso de que vostede aportase probas, e non indicios, e menos aínda unicamente unha versión persoal, de que puideran ter sido algunha vez afectados os seus dereitos individuais, sería posíbel que eu lle dedicase algún minuto de atención informativa. Lémbrolle que, en tal caso, non debería acodir vostede onda min senón xunto a autoridade competente que lle puider asistir legalmente.
Dáme igual que me comprenda ou que non. O que lle quero dicir moi claramente é que mensaxes coma última que me mandou vostede están de sobra neste blog. Vostede xogou limpo cando me mandou a primeira mensaxe, que publiquei, defendendo a Marcos Valcárcel, pero traspasou o límite do lixo cando volveu a comunicarse comigo falando doutra persoa.
Que lle vaia ben.
Perfecto Conde"

Anónimo dijo...

Chapeau...!!!!