Fernando Sánchez Dragó, 71 anos case cumpridos, tres bay pass no corpo como el mesmo di, 25 quilómetros diarios en bicileta, vida nun pobo fóra de Madrid... E escándalo, moitísimo escándalo sempre na súa vida. O autor de Gargoris y Habidis, una historia mágica de España –libro co que entrou a saco a piratear autores galegos como Vicente Risco– acaba de ser collido nas patacas.
Segundo se ve nun video que recolle secuencias previas a unha entrevista que lle fixo a Ana Botella para Tele Madrid, o afamado escritor utiliza negros que lle escriben algúns dos seus libros. El mesmo recoñece que isto ocorre no máis recente, titulado Libertad, fraternidad, desiguladad, derechazos", en definición do propio autor nominal "un libro muy liberal y muy extravagante también".
Mentres que fan tempo a que o realizador diga "rodamos", Fernando Sánchez Dragó e a muller do ex presidente José María Aznar laretean como se foran dous compañeiros de colexio. O escritor non para de facerlle a rosca á Botella, ata case os límites do baboseo, e nun momento dado transcorre este diálogo:
Sánchez Dragó – Se me ha olvidado... Mi último libro ¿no os lo he hecho llegar? ¿Verdad? Salís. Estais fotografiados. Varias veces.
Ana Botella – ¿Ah sí? Pues no, no.
S.D. – Varias veces. En aquella cena con Arrabal y Gustavo Bueno en La Moncloa. Y vienen fotos.
A.B. – ¿Ah sí?
S.D. – Tenía que haberlo traído hoy y, nada, se me ha olvidado en el último momento.
A.B. – ¿Cuándo lo has publicado?
S.D. – Nada, Libertad, fraternidad, desigualdad y se subtitula Derechazos.
A.B. – O sea, libertad, fraternidad, desigualdad...
S.D. – Un libro muy liberal y muy extravagante también.
A.B.– ¿Y cuánto tiempo has estado escribiéndolo?
S.D. – En realidad es un libro que me han preparado. Es una entrevista imaginaria de un colaborador mío. Y entonces se contesta con trozos de mi obra. Yo no he hecho nada.
Carallo co intelectual librepensador! Con negros e todo. Así calquera! Así tamén fixo, pero sen negros, o noso paisano Ignacio Ramonet cando escribíu Cien horas con Fidel, un libro supostamente de entrevistas co ditador cubano e que Arcadi Espada demostrou que foi trucado tomando as respostas de vellos documentos e discursos fidelistas.
2 comentarios:
Vello e delicado problema este dos "negros" na literatura. Hóuboos sempre e seguirá habéndoos. O caso é dar cos "negreros".
Poderiamos citar unha longa lista deles que fora dende os clásicos ata os tempos que corren, e nela habería de todo: grandes e parvos, dos daquí e dos dacolá.
Piores cos "negreros" aínda son os que o piratean todo. Os que copian o que sexa porque non son capaces de inventar nada. Os cupópteros.
E logo pregunto eu, se calquera mindungui da política, poño por caso, non ten un senón varios "negros" que lle escriban os discursos e lle digan ata como ten que poñer a corbata cando vai á televsión, que ten de raro que un escritor moi atareadao, como é o caso de Sánchez Dragó, bote man colaborador seu para que lle escriba o libro co que vai chupar do bote?
Carlos Luís Álvarez, máis coñecido por Cándido, escribiúlle os panfletos ao abade do Escorial. Foron tantos os "negros" e tantos os "negreiros" que o de Dragó xa non é maís ca unha anécdota. É máis significativa a súa actitude sumisa coa muller do ex presidente ou que Arrabal e Gustavo Bueno foran á Monclora a cear con Aznar. Esa si que é a pequena historia deste país chamado España.
Publicar un comentario