sábado, septiembre 15, 2007

¿Espirase hoxe Nicole Neumann?


¿Poñerase hoxe "en bolas" a sex simbol arxentina Nicole Neumann? Este sábado remata o prazo que lle deu un recente e ex profesamente creado Movimiento Ponete en Bolas Nicole (MPBN) mediante a difusión dun video no que a ameazaron con matar a Pichicho, un dos seus cans, se non se mostra espida tal e como estaba previsto que o fixera o pasado 29 de agosto para apoiar unha manifestación que tivo lugar en Buenos Aires contra a industria peleteira.
Ese día, a citada modelo non se atreveu finalmente a comparecer na manifa porque había moita xente e pedíulle ao condutor que a transportaba que dera media volta para desaparecer do lugar. Un grupo de veciños decidíu crear o MPBN e dirixirlle a Nicole esta mensaxe: "Cumplí tu promesa. Tenés hasta el 15 de septiembre para lograrlo. Si no, nos quedamos con este chucho, que creo que conocés, como seguro de vida. Es fácil lo que te pedimos: te sacás la ropa, te devolvemos el perro y todos contentos. Ahora, si no querés acceder, te lo hacemos abrigo para el frío".
A ver que fai hoxe Nicole. Estaremos ao quite.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Perfecto, por favor, que pretende? Que nos dea un infarto contemplando esta beba? Estes arxentinos teñen a mellor carne do mundo!

Anónimo dijo...

Don Perfecto, son o do catálogo de Cunqueiro.

Sabe vostede que eu son católico, apostólico e romano, ademais de home sensato, austero e pouco dado a luxurias. De todas maneiras, e dada a dimensión do asunto, pídolle encarecidamente que me manteña informado.

Anónimo dijo...

Don Cástulo, os seus desexos para min son ordes. Procurarei informalo no tocante ás andainas da nosa "piba".
Que San Xiao o beice.