miércoles, septiembre 12, 2007

Deep Throat e Losadagate


Agora resulta que Benigno Sánchez, director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), mandou investigar se se gravaron conversacións privadas na TVG. Dinme que iso é o que el mesmo admitíu diante do Consello de Administración da citada compañía pública. Xa só falta que Antón Losada presente unha demanda baseándose no suposto de que se fixeron esas gravacións cando el falaba cunha redactora xefa de Informativos para que un novo capítulo do escándalo Losadagate estea servido.
Empezo a pensar que, en todo isto, hai algo diso que se chama o mundo ao revés. ¿Para que precisa Sánchez abrir unha investigación interna? ¿Non lle abondaría con chamar ao seu despacho a esa Deep Throat do cambio galego chamada Celia Martínez, profesora de xornalismo –¡manda carallo!–, e facerlle el mesmo as preguntas clásicas do oficio? ¿Gravou vostede algunha conversación co túzaro Losada? ¿Que gravou? ¿Como o gravou? ¿Onde o gravou? ¿Cando o gravou? ¿Por que o gravou?
Claro que eu engadiría unha preguntiña máis. Preguntarialle se lle contou a alguén que informou inmediatamente á súa cadea de mando do resultado da gravación e mesmo pasou copia do que contiña a gravación. Digo isto porque está abondo claro que Benigno Sánchez escribíu a carta que lle mandou a Quintana só despois de coñecer o comportamento de Goebbels Losada, e non foi por adiviño precisamente como se enterou. Se ata o sabía Touriño que, días antes de que estalara o escándalo, se referíu á famosa gravación dicindo que estaba nas mans dun xornal e que el non podía parar a publicación do contido. Tan claro como estaba claro o intervencionismo de Losada que non só facía gala da súa linguaxe tabernaria falando con xornalistas da TVG senón tamén con outros altos cargos da Xunta aos que non dubidaba en ameazalos dicíndolles que agora ían ir polo seu conselleiro ou conselleira. Xa postos a investigar, que investiguen o que pasou en Educación, por exemplo, trala asombrosa polémica do himno galego.
Alguén está tratando de pechar este caso pondo a funcionar o ventilador en varias direccións. Dende a parte nacionalista do Goberno indo a por Benigno Sánchez, en vinganza quizais polo feito de que a parte socialista foi buscarlle antes as coxigas a Quintana golpeando na cabeza de Losada. Isto élles como en Sicilia. Cada un arranxa as contas como pode. Losada transmutándose en Pérez Varela e, dende a outra beira, gravando conversacións como no Watergate. Convertendo a redacción dunha televisión pública nun remedo de xornal sensacionalista dos baixos fondos londinenses.
Sería desexábel que todo este armadillo non sirva para que as árvores oculten o bosco. O primeiro e principal radica no que fixo Antón Losada exercendo un alto cargo da Administración galega, algo que lle custou precisamente o sillón, dígase o que se diga agora. Losada tería presentada a súa dimisión xa antes, pero a realidade crúa e dura é que a súa prsenza no Goberno sería insoportábel dende que El País descubríu os seus modos e maneiras de Hugo Chávez de licor café.
E logo está o desa Deep Throat porofesora e redactora xefa, que se volvera a nacer Intervíú habería que contratala inmediatamente para gravar cando telefonearan El Lute dende Vallecas ou Ruíz Mateos dende Frankfurt. Ou o propio Benigno Sánchez, que sendo licenciado en Dereito, non se parou a pensar na suposta ilegalidade cometida gravando o que dicía un comunicante, for alto cargo ou non, nin na alarmante distrofia comunicativa que significa admitir por carta que se renuncia ao deber e ao dereito de informar dende unha televisión pública “ata que por parte dese vicepresidente se nos indique expresamente outra cousa”. Dificilmente se pode atopar un exemplo documentado tan expresivo da incuria coa que moitas veces se castiga a información dende os medios públicos. Todo un director xeral admitindo por escrito que na TVG se deixa a escuras os televidentes porque un alto cargo lle dá a gana de prohibir que falen del. Ou sexa, que Touriño sae moito nos telexornais porque o pide, e Quintana nada porque o prohíbe. Chámase información á carta política. Que é así xa se sabía, pero faltaba que alguén o manifestara por escrito. Pobres xornalistas da TVG. ¡Se aínda quedan!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Losada podería perfectamente facelo, se é que non gravaron cousas que o prexudiquen mais alá do seu famoso "malhumor".
A forma en como plantexas este afaire é un pouco baixa.
Habería que empezar por dicir se é verdade o control dos informativos, dicilo con probas, que todos sabemos que o é, e a partir de aí repartir a cada un a súa hostia.
Mais grave que o intento de Losada de influir nun periodista é que se poida sacar de crono e medir a presencia/ausencia no telexornal de presidente/vicepresidente, e que os datos sexan claros e concluintes.
Por moi "independentes" que sexan os periodistas se a presencia de alguén nos medios non é parella coa súa importancia, ou non son tan independentes ou son moi malos periodistas.

Landrú dijo...

Que dis, ho, que dis? Que é o que podía facer Losada perfectamente? Irse do país, se cadra. Ou meterse debaixo dunha pedra, pero acabará dicindo burradas nalgún programa basura das televisións españolas. El, que era tan nacionata.

Mesías dijo...

Em verdade digo-vos que não se passa nada:
Losada vai seguir comunicando-nos.
O Pastor vai seguir abrevando-nos.
Mio çid campeador vai seguir cavalgando-nos.
O diplomático vai seguir dissimulando-nos
Virgílio vai seguir rimando-nos
O Peres vai seguir levando-se os “dentes” caídos
A Begónia vai seguir florecendo-nos
E o Director vai seguir dirigindo-nos
Homens de pouca fé…

Anónimo dijo...

Parece que o estudio "independente" de presenza no telexornal (maio/xullo) da algo así como:
Touriño: 650
Quintana: 160
Nuñez Feijoo: 145

Mais claro agua. Esto é o inaceptable. E a independencia dos periodistas da TVG unha entelequia.

Anónimo dijo...

O asunto da independencia dos medios e dos xornalistas é algo máis complexo que a porcentaxe de presencia dos distintos grupos nos informativos.
Unha das virtudes que debería ter a modificación da Ley de Creación da CRTVG é a de superar esa dialéctica para avanzar hacia os criterios profesionais para valorar a imparcialidade na información.
Os profesionais son os depositarios do dereito da sociedade a informar e deben ser eles, e non os políticos, os que determinen os contidos dos informativos.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,