Foto: Rosa Veiga
Reparen no cruzamento de miradas que se se produce entre a actriz Maribel Verdú e Anxo Quintana. Acaba de ocorrer en Ourense. Onde os ollos non pasean, o corazón non se recrea (refraneiro). A firmeza das miradas anuncia a fixeza dos principios. Moitas veces a alma abanéase cos ollos (Erasmo). Os ollos son mediadores do pecado (adaxio hebreo). Entender cos ollos é un atributo da fina sutileza do amor (Shakespeare). Cando me miras, mátasme... e se non me miras, máis. Son puñais que me cravas e mos volves a sacar (Manuel Machado).
Miradas, olladas... Embrasser d'un coup d'oeil. A vida segue
2 comentarios:
Home, Perfeuto, eu non aprezo ningunha lascivia nin amor fou nesas olladas. Máis ben simple amabilidade (o que non é pouco nos tempos de hoxe).
Apertas, mestre.
O que non están dispostos a facer un político ou alguén da farándula para saír na foto? Ten razón o do blog, hai miradas que delatan. Sairá daquí un romance? O Quin (king) e a corista, podería titularse. Ou Verduquín, se se busca algo máis corto.
Publicar un comentario