Mandoumo o meu amigo Ánxel Peláez e eu remitinllo ao meu amigo Ánxel Vence que me respondeu inmediatamente dicindo que "había meses –mesmo anos– que non escachaba a rir tanto como con este virxinal video". "Atrévome a suxerirche –engadíume– que o colgues no teu blog, aínda que arrisques a ira dos fillos de Alá (e a dos de Bush, que tampouco andan moi ben que digamos de sentido do humor)".
Unha cousa que procede de dous anxos hai que atendela. Paga a pena botarlle unha ollada. Está aquí.
5 comentarios:
Caralludo, meu, caralludo! Realmente humor do bo. E que non veña ninguén dicindo parvadas de que se irrespecta a relixión ou as vítimas do 11M. Unha cousa non tén que ver coa outra, e botar unhas boas risas sempre nos ha ser necesario.
Felicítote. Estás demostrando saber facer un bo blog.
Este si que é un bo sentido do humor, non o de Yolanda Castaño.
Digo eu
Vas cagala, señor director, vas cagala e a ver despois ónde publica López...
Muito obrigado por atender a módica suxestión que lle fixen, meu querido amigo. Vexo, ademais, que o bo humor non falta entre os usuarios deste foro. Parabéns.
Para mi que López no tendría problemas.
Hace un humor de calidad suficiente para no tenerlos, pero me gusta aquí.
Publicar un comentario