Na Xunta de Galicia púxose de moda viaxar a Xapón. Hai poucas semanas andivo por Tokio o conselleiro de Imnovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, e agora acaba de visitar o país do sol nacente a titular de Pesca, a socialista Carmen Gallego, que impartíu unha conferencia no X Foro España-Xapón, que tivo lugar en Nagasaki durante os días 20 e 21 deste mes.
Explicoulles aos xaponeses que o ano que vén Galicia poderá dispor dos primeiros alevíns de rodaballo procedentes dun stock propio de produtores salvaxes, e tamén se referíu ao plan de recuperación do polbo e á creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos", en Lira.
Seguramente os nipóns recibiron todas estas novidades con moito entusiasmo, pero a min o que máis me chamaría a atención, se fose nagasakeño, sería o xeito de quentar o viño que mostraron a conselleira e acompañantes no país do meu amigo Take Asaka. Non hai máis que ver a foto para comprobalo.
2 comentarios:
O que non sei que lle podemos ensinar aos Nipóns nesa materia dos peixiños en cautividade, é "coña mariñeira".
Unicamente que foran a tomar un grolo de viño de Barrantes e probar o Sake. Como está tan preto o Xapón, pois nada a Conselleira colle aos seus amigos e lles dí: ala, imos tomar o Alvariño ata Xapón (como está á volta da esquina), e de paso dou unha conferencia de mil pares de co...., iso é do menos o principal vai ser cando vaiamos de copas e poñernos cegos de Sake. A vivir que son dous días.
A conselleira de Pesca visitou Nagasaki. E verdade? En non sabianada. Por que visitou Nagasaki?
Seguro que visitou coma turista.
Verdadeiramente a nos xaponeses interasa moito criar ou cultivar os peixes de rodaballo. Pareceme unha boa idea. Nesta vez tamen ten relacions comerciais. Quero dicir que mantenha unha forte relacion de nivel cultural e universitario.
Dende Toquio, Taquinho
Publicar un comentario