A que xogan Aduaneiros sem Fronteiras e esa señorita que se ve a si mesma tan guapa e da que din os presentadores de televisión que é poeta e os poetas considérana showoman? Seguramente calquera das dúas partes andaban buscando cadanseu minuto de groria e atopárono. Os primeiros facéndolle caso a un picapleitos que se dirixíu a eles esixíndolles que retiraran da súa web un determinado xoguiño inocente de espir e vestir unha moneca que parecía que levaba a cara de Iolanda Castaño. E a autora-espectáculo en cuestión, pensando que é a reina de Saba e que da súa figuriña de Blancaneves co cesto valeiro non se ri ninguén, procurou os servizos do avogado Pablo Carvajal de la Torre, que non dubidou en amedrentar aos probiños adueneiros que non coñecen máis fronteiras cas do medo á xustiza, polo visto.
Que a Iolanda Castaño non lle gustaran algunhas apreciacións que fixeron dela na web "aduaneira" paréceme normal. Quen se mira tanto no espello remata tendo unha imaxe demasiado fixa de si mesmo. Pero claro, alguén tan "modernito" coma ela debería ter un maior coñecemento da lexislación vixente e, sobre todo, unha idea máis apropiada da liberdade de expresión. Non lin os comentarios que, polo visto, apareceron nesa páxina, pero o que é o célebre ispe-viste non hai xuíz neste país que se lle ocurrise prohibilo.
Por que tiraron, logo, a toalla os aduaneiros? Eles saberán, pero a grandilocuencia coa que redactaron o comunicado público de peche da web tampouco é moi propia de quen di cultivar o humor. Pódese ler pulsando aquí.
6 comentarios:
Cousas de nenos! E nenas.
Máis ben cousas de conachas. No sentido ques se lle dá a esta palabra en Ferrol. Consúlteno as feministas antes de alporizárense.
Gustábanme moito os Aduaneiros, pero todo isto chéirame a parvada monumental a ambos bandos. Eles xa había moito tempo que non actualizaban. Sacaban deseños cada tres ou catro meses, así que a min isto de deixalo por culpa da Yolandiña paréceme unha escusa estupenda para facerse os interesantes e ter un pouco de publicidade de balde.
Pero o feito é que foi ela quen ameazou a través do seu avogado. Ou non?
Iolanda/Yolanda, lingua carnal en dous idiomas, é literata galega, presentadora galega e, tamén, autora de poesía en español?.
Non, se isto de ser periférico acabo por se volver contra un.
Imos ver, caro director do blog. Ten Iolanda/Yolanda dereito a súa propria imaxe ou non?. Se López o ten, porqué dubidamos do dereito da moza?.
O que hai é moito reprimido sen fronteiras e raias que non alcanzaría a espir a Iolanda, co alta que é, no que dura unha peli de da galega.
Se Antón Losada ten dereito á intimidade e, incluso, dereito a súa propia imaxen, a qué ven isto de andar fozando nas cousas, na imaxe e nos vestidos da carísima Castaño?.
Durante un tempo, aupada por unha certa escola crítica guay de la curuña, a señorita Castaño percorreu medio mundo, via diversas bolsas (nunca mellor dito o de bolsa), pregoando a súa obra.
Está claro que a señorita Castaño utilizou a estética e o faranduleo para proxectarse como tal poeta nos "media", e logo nun programa de TV, e logo como asesora dunha empresa galega (antes cultural tamén, agora non sei se só vendedora de louza). Logo quéixase porque hai quen só lle guipa o seu exterior y cuanto envidioso te hay en Galicia. E ademais, ese Díaz Pardo xa era hora de que deixase paso a xente más "xoven" e guapa... coma min...
Publicar un comentario