Éche boa a que lle arrean hoxe a Mariano Rajoy en Público. Nunha das poucas veces que ata agora se ocupou este xornal de tratar temas galegos, Pancho Tristán fala dende Santiago de que “Rajoy tamén tén un cuñado”. Refírese a Manuel Fernández Balboa que firmou o 1 de marzo de 2001, cando tiña 29 anos e unha exigua experiencia profesional, un contrato como responsábel económico-financeiro da Fundación Cidade da Cultura polo que cobrou 42.000 euros anuais.
No informe sobre a polémica e faraónica obra posta en marcha polo goberno de Manuel Fraga que presentou o Consello de Contas de Galicia ponse en dúbida a natureza legal dese contrato por non reunir “as características precisas para configurar un suposto de persoal de dirección”. Durante o tempo que o cuñado de Rajoy dirixíu as finanzas da Cidade da Cultura o custo inicial desta megalomanía supostamente cultural, cifrado en 108 millóns de euros, multiplicouse pr máis de tres. Fernández Balboa foi cesado en setembro de 2005, pouco despois de chegar á Xunta o actual goberno bipartito.
Como salienta Público, só tres profesionais firmaron contratos de alta dirección coa Cidade da Cultura nos tempos de Fraga, e os tres presentaban vencellos familiares de primeiro grado con altos cargos do PP. Un deles é Manuel Fernández Balboa, cuñado de Mariano Rajoy. Outro, Alfredo Díaz Grande, marido de Pilar Rojo, que era delegada provincial de Cultura en Pontevedra cando o seu home foi nomeado director da oficina do proxeto de Gaiás. Rojo foi nomeada pouco tempo despois conselleira de Familia, cargo que desempeñou ata a caída do goberno de Fraga. O terceiro, Ánxel Currás, irmán do daquela conselleiro de Educación, Celso Currás, foi xerente da cidade da Cultura.
7 comentarios:
Don Manuel......¡Colócanos a "toos"!
De Pilar Rojo, Pinini, e de Freddy, podería-se falar moito, e quen pode falar largo e deitado é o Concello de Pontevedra que, ollo ao piollo, cando estaba gobernado polo PP, tivo que ordear dar volta atrás a certas obras e reformas que o arquiteto Freddy pretendía facer en Pontevedra... co carimbo da Delegada de Cultura.
Un exemplo: na antiga feira de Pontevedra, hoxe Praza de Barcelos, verán, se entran por Benito Corbal, unh edificio levantado xusto, pero xustiño pegado ao murallón que mantén lonxe do mundanal ruído á comunidade relixiosa de non lembro ben agora qué orde relixiosa.
Consulten, despois, a Lei de Patrimonio Artístico, a ver se un ser humano normal, non Freddy, podería levantar un edificio xustamente aí.
Ah, por certo, Freddy enviou o pasado 12 de outubro unha xeira de SMS con lemas tan patrióticos que, ai miña nai, pensaron algúns que... ¡volvía Fuerza de Nueva, de Blas Piñar!
A mafia calabresa é unha "hermanita de la caridad", comparado con estes mafiosos que estiveron na sede central da Xunta. Vos pensades que estes elementos van ir para a cadea. Nin de coña, "Spain is different". Van para a súa casa e por riba rinse de nós como camellos.
Para que sepades quenes son estes da dereita cavernícola:
Teño unha pequena anédota da Pilar Rojo. Ollo, para que sepamos nas mans de quen estivemos. Estándo un compañeiro meu nun super den Sanxenxo, a Rojo ía cun carrito cheo ata a bandeira, daquela que a caixeira lle pediu o DNI, por aquilo da tarxeta. Ela lle contestou. ¿No me conoces?. A caixeira lle dixo que non. ¿Pero tu no sabes quien soy?. -Pois non sei que é Vd.e polo tanto enséñeme o DNI. A Rojo non tivo máis remedio que saca-lo carnet.
Non vos parece algo daqueles "tics" neofraquistas.
Vaia tropa.Se votan catro anos máis rematan con Galicia e co litoral desde Ribadeo ata A Garda enchédoo de chalets e praias privadas. Que lles den.........
Oes, e por que un xuíz non condena a ese Freddy a facer casiñas sociais a Ruanda ou Angola durante 5 aniños cos cartiños que levou, como arquitecto sería a súa culminación profesional e a súa dona a limparlle o cu aos nenos deses mesmos paises.
A ver, a ver. Non hai xuiz nen haberá xuiz neste mundo podre nen no outro mundo feliz que chame a declarar a Freddy ou a Pilar Rojo (con ese apelido, non sei cómo puido facer carreira no PP) porque os políticos non teñen responsabilidades -ser chegar a "irresponsabilidade" de El-Rey, fique claro- se non conculcan o Código Penal, e aínda así, veríamos.
O que interesa desta e doutras informacións que irán saíndo (por exemplo, a política de subvencións de Pilar Rojo, arquiteta titulada e funcionaria de Facenda en excedencia en Pontevedra,) é a luz que proxectan sobre as sombras que, deitadas sobre o grupo de amizades pontevedresas de Mariano, impedían ver completamente o bosque enrramallado. E que conste que este tipo de políticas que favorecen precisamente aos máis achegados e non por iso máis preparados, non son exclusiva do PP, tan só que agora toca falar deles como dentro dun par de anos -ou antes- falaremos das empresas creadas polo BNG na Consellería de Kim da India, na de Industria (ai, Fernando Blanco...) ou na de Medio Rural (ai esa empresa de Ordes, cun deputado á cabeza). Non. Que os letores non pensen que este é un niño de resentidos que só peneiran á dereita. Qué va.
Que todos estes e moitos outros sáian impunes ponme do fígado.
Agora ben, a ti, por calquera menudencia involuntaria, pódeche caer un paquete de agárrate un días destes.
carod, colócanos a toos
Publicar un comentario