miércoles, octubre 10, 2007
A Xunta propicia o minimileurismo
A Xunta está perdendo ducias de xuízos nos xulgados do social. Son demandas presentadas por traballadores contratados como asistencias técnicas, individualmente ou a través de empresas, que acaban reclamando a súa inclusión no réxime xeral como contratados laborais. Desta maneira, o cadro de persoal da Xunta están engordando e non a través de oposicións senón mediante sentencias xudiciais.
Aínda a pesar de que estaba claro que estas malas prácticas da Administración galega anterior á chegada do bipartito eran mesmo ilegais, o novo goberno progresista presidido por Emilio Pérez Touriño, con Anxo Quintana de vicepresidente, segue uitilizando o mesmo sistema para satisfacer as súas necesidades laborais convertendo empresas de diversas actividades en entidades asimiladas ao sector do traballo temporal (ETT).
Para que todo sexa aínda pior, a Xunta é quen fixa indirectamente o salario deses traballadores, marcando os orzamentos de licitación, propiciando que os novos traballadores cobren por debaixo do convenio colectivo que lles corresponda e, por suposto, por debaixo dos 1.000 euros. Polo que se ve, para esta Xunta, os mileuristas son unha especie de "millonetis".
Para explicar as cousas dicía meu tío Enrique Muruais que hai que poñer exemplos. Pois vaia un. A Consellería de Imnovación e Industria anunciou o 27 de maio no DOG un concurso para a "clasificación, descrición, ordenación e instalación da documentación da Consellería no aqruivo administrativo desta consellería (sic) e preparación das transferencias que sexan posibles ó arquivo xeral".
Pedía daquela o departamento que rixe o nacionalista Fernando Blanco, cando menos, dúas persoas que fosen licenciadas ou doutores por un importe máximo de 65.000 euros por ano e valoraba nun 80 por cento as melloras relativas a prezo e número de persoas (40 por cento por prezo, 30 por cento por persoas e 10 por cento por ordenadores, un por persoa).
Desta maneira, a Consellería non só marcou o máximo de ingresos económicos senón que tamén determinou á baixa os salarios. Ademais, as condicións do contrato estabrecido entra de cheo nos supostos que a Xunta está perdendo diante dos tribunais, ou sexa, que o seu futuro legal é o da fixeza deses traballadores.
Cal foi o resultado? Pois que a empresa á que se adxudicou o concurso, Archidoc, S.L., ofreceu tres persoas licenciadas ou doutoras, tres ordenadores, gastos de transporte, etc. por 62.400 euros. Aínda que a empresa non ganase un peso, e as empresas non se montan para isto, atopariamonos co seguinte: 62.400 euros con IVE, 53.448 sen IVE, 17.816 euros por ano e licendiado ou doutor, máis impostos, seguridade social, transporte e outros gastos. Un licenciado ou doutor, cobrando o mínimo do convenio que lle corresponde, custa 22.821,72 euros. Canto lles vai pagar Archidoc, S.L. coa adxudicación da que foi obxecto? Calculen os lectores. Eles seguramente xa o saben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
Digo eu que por unha boca falan de benestar social e progresismo o pola outra seguen facendo as mismas cousas. Lamentabel.
Don Perfeuto, perdoe polo xerundio.
Correción de erros:
- Don de di "seguen facendo"
- Debe decir "seguen a facer"
¿ou non?, o certo e que pérdome entre tanta normativa.
E saben aquel que di:
FU DU RUTAS
Onde di fi di ritas
debe decir fo do rotas
Para min que este Vasco Moscoso de Aragao nin é de Aragao nin é capitao nin é de longo curso. Para min que é un gaitas que lle gusta asubiar en todas as polavilas.
FE DE ERRATAS
Onde di fe i ritas, que te fritas.
Onde pon fo de rotas, foderotas.
Se o que se conta é verdade, cousa que non poño en dúbida, o tema debería ser obxecto dunha investigación mesmo laboral. E, dende logo, política. O que non pode ser é que altos cargos dunha Xunta, que xa non está gobernada pola dereita cavernícola de Fraga, ande promovendo prácticas de traballo que se colocan nos límites da explotación do home polo home (e da muller).
Xa está ben!
Queridas e queridos, votantes, algúns e algunhas do BNG:
Tamaña é a sorpresa que tendes cando aparecen, porque outros non, casos coma éste?.
Facer País (pronuncie-se País como se tivereas un canapé na boca), é duro, duro, duro.
E colocar a Galiza, no bo sentido da palabra "colocar", demanda de nós comprensión con este Governo Nacional, de Progreso e demáis.
Hai mellores alternativas?. Pois non.
Hai cousas mellores que fecer?. Pois sí. Ir á loita social a abandoar a política.
Desde logo, comigo non conta o BNG e tampouco o PSOE para as vindeiras elecións.
Non dubide, Sr. de Neipín, da certeza da custión. E sonlle moitas as pexas nos traballadores e traballadoras a seguir no ronsel do que usía chama "a dereita cavernícola" (sospiro) xa que a ezquerra cavernicola (anxoira) e mais o nazonalismo cavernícola (de séu) están a levar a mesma roda.
Sei que fora "Qué ves ó", chamado "Quevedo" pola refación españoleira, quen contara aquilo de que "Administrador que administra y enfermo que enjuaga, algo traga"
ai que foderse, aterra o Abu Simbel ou como carallo se chamase o demo do piloto, e quere xuntar o tufo coa merda para lle engordar os votos á dereita, ou non?
se tiveras que sacar adiante os remorsos da sogra agradarías calquera esmola que che dera a Xunta ou o demo mesmo, pimpín
Non o ten claro aínda o administrador? Eu xa llo teño dito: como non leve ó rego os "chistosos", de camiño o nivel da discusssao do blogo esvaese.
Tíñamos algunhas o degoiro do marco para falar da Nazón sem Estatuto e vamos camiño de rematar argüindo por qué non casa o Alberte
Ai miña xoia, ¿estáse a falar do Grimaldi ou do Grimoso Núñez? Pena que xa non estea o capitán para ben casalo coma fixera co outro.
Teño claro que o blogueiro titular ten boa información, e que fai ben en transmitila ¿ou non?. O anterior goberno xa o facía, e por eso os trraballadores levánronno ós tribunais ¿E temos que calar agora porque o esté facendo o "Goberno de progreso"?
O anónimo ao que non lle gosta o tono xocoso ten que ter claro que o capitán cabréase ca información dos "minimileuristas". ¿Qué é o que quere? ¿Que berre ou chore?. Pois berro e choro, veña.
Publicar un comentario