sábado, octubre 27, 2007

A cova de Alí Babá


De facermos caso ao que din as luminarias da clase política, temos que concluír que a cova de Ali Babá, cos seus catrocentos –non corenta– ladróns, está cómoda e demoradamente instalada nos despachos da Xunta de Galicia. Se quen fala pertenece ao bipartito actualmente gobernante ou ás forzas políticas que o sustentan, PSdG-PSOE e BNG, o que ouvimos dicir é que a Cidade da Cultura, por exemplo, é un sumidoiro de diñeiro no que andiveron metidos cuñados, irmáns, maridos e todo tipo de familiares diversos dos que durante dazaseis anos comupuxeron a tropa de Fraga.
Se a voz nos chega dende a outra banda do río –véxase o que acaba de dicir Alfonso Rueda, poño por caso–, onde está tendo descendencia Alí Babá é entre os gobernantes socialistas e nacionalistas. Que si Educación, que si Cultura, que tamén Industria, e non sei cantas consellarías máis. Ducias de familiares enchufados por todos os lados.
Definitivamente, ou todo é unha traca desas que se prenden cando van acercándose unhas eleccións ou estamos a piques de dar coa fórmula infalíbel de rematar co paro en Galicia. Como cada un dos que tén algo que ver co autogoberno vaia colocando algún familiar de seu, a progresión de enchufados rematará por ser xeométrica e non só traballarán en San Caetano e na Cidade da Cultura todos os galegos senón que nos veremos na necesidade de botar man de asturianos, leoneses, quizais ata portugueses. Sen contar os que casan con suecas que veñen ás praias que aínda non teñen adxudicada unha piscifactoría cercana. Haberá que patentar a fórmula e ampliar extarodinariamente a cova de Ali Babá.

jueves, octubre 25, 2007

As portas do martirio

Mandoumo o meu amigo Ánxel Peláez e eu remitinllo ao meu amigo Ánxel Vence que me respondeu inmediatamente dicindo que "había meses –mesmo anos– que non escachaba a rir tanto como con este virxinal video". "Atrévome a suxerirche –engadíume– que o colgues no teu blog, aínda que arrisques a ira dos fillos de Alá (e a dos de Bush, que tampouco andan moi ben que digamos de sentido do humor)".
Unha cousa que procede de dous anxos hai que atendela. Paga a pena botarlle unha ollada. Está aquí.

O Far West de Vigo


Algo preocupante está a pasar coa Policía Local de Vigo para que non sexa a primeira vez en que varios membros do seu corpo se ven involucrados en supostos –e, nalgún caso, probados, xulgados e condenados– atropelos dos dereitos civís das persoas. Agora é o matrimonio formado polos bolivianos Lizbeth Castro Brutón e Samuel Luján quen denuncia coacción, agresión e racismo supostamente exercidos contra eles por parte de varios membros desta policía, o pasado día 13, cando estaban atendendo o bar que rexentan no número 135 da rúa Urzaiz. Pero hai dez anos catro membros da mesma Policía Local (Celso Alonso Blanco, Sebastián Fernández Estévez, Elena Fernández Bouzas e Xoán Manuel Pérez Rodríguez) foron condenados por unha sentencia que rematou confirmando o Tribunal Supremo por deter ilegalmente e lesionar o inmigrante Mamadou Kane o 16 de marzo de 1997.
Cando estes policías cometeron os delictos que os levou ao cárcere era alcalde de Vigo o conservador Manuel Pérez, quen non dubidou en poñerse do seu lado para defendelos. No momento de ser ratificada a condena, a alcaldía de Vigo estaba rexentada polo nacionalista Lois Castrillo, que firmou o decreto de destitución dos catro. Sendo alcalde, o socialista Ventura Pérez Mariño solicitou o indulto para os condenados e foilles concedido parcialmente, polo que os catro axentes que foran condenados a penas entre dous e catro anos de cárcere solicitaron o reingreso na Policía Local que lles foi concedido a comenzos do ano pasado mentres gobernaba a cidade olívica a conservadora Corina Porro.
Contra a petición de indulto manifestáronse sete asociacións de inmigrantes considerando que non se trataba de levar a cabo un acto humanitario senón de crear “un ambiente social de impunidade ante os tremendos delictos cometidos”, e baseándose en que os axentes condenados “nunca demostraron un arrepentimento público”. Esta opinión foi sustentada por Argentinos en el Exterior, Centro Cultural Cubano en Galicia, Uruguaios polo Mundo, Asociación de Inmigrantes Colombianos en Galicia, Asociación de Inmigrantes Marroquíes en Galicia “Eljir”, Asociación polos Dereitos do Emigrante Galego e Asociación Galega de Emigrantes Retornados. Pola contra, o presidente do comité de persoal do Concello de Vigo daquela, Antonio Juste, sumouse á petición de indulto plantexada polo alcalde Pérez Mariño.
Todos estes feitos non evitaron que os grupos municipais vigueses lle concederan por unanimidade a medalla de ouro á Policía Local co gallo de celebrarse o 125 aniversario da súa fundación. Quizais para disimular tamén lle concederon a mesma medalla á Rede Veciñal contra os Malos Tratos.

Caso Mamadou Kane
Segundo datos que foron analizados por Amnistía Internacional, Mamadou Kane, procedente da rexión de Touba, no Senegal, levaba dez anos vivindo en España e dispoñía de permiso de residencia. Vendía mercadorías polas rúas e nas praias. A súa residencia estaba en Vigo, pero cada ano viaxaba a Senegal durante o inverno para ver a familia. En xullo de 1996, foi detido por axentes da Policía Local e acusado de desbodiencia á autoridade en relación coa venda ambulante que estaba facendo. A partir de entón, sufríu acoso desa Policía que lle pedía constantemente os papeis de identidade. O 16 de marzo de 1997, arredor das cinco e media da tarde, Mamadou atopábase na praia de Samil falando con outro senegalés e con dous españois cando dous axentes da Policía Local foron pedirlle os papeis. Contestoulles que tiña permiso de residencia e de traballo, pero os policías dixéronlle que lles mostrara o documento de identidade ou o pasaporte, e non os tiña con el.
Os policías chamaron un coche patrulla, que se presentou con outros dous axentes. A Mamadou fixéronlle sentarse na parte traseira do coche, entre os dous primeiros policías. Dixéronlle que o levaban á Comisaría da Policía Nacional que hai na rúa López Mora para identificalo. En vez de tomar esa dirección, o coche policial foi cara a Beade e, dende alí, dirixíuse a unha zona boscosa que está preto do campus universitario vigués, en Marcosende. Segundo declarou Mamadou Kane, cando lles preguntou por que o levaban a aquel sitio, un dos axentes berroulle a seguinte frase: “Tú te callas, nosotros somos los que mandamos, gilipollas”.
Acto seguido, os dous policías locais que ían con el no asiento de atrás empezaron a darlle puñadas . Os outros dous aproveitaron o tempo para dirixirlle insultos como “negro de mierda”. Un deles mesmo lle dirixíu a seguinte frase escatolóxica: “Vosotros sois una mierda. El gobierno español tiene toda la culpa por dejaros entrar en el país. Marchaos para vuestro país y mataos entre vuestras tribus”. A detención ilegal durou arredor dunha hora, e Mamadou chegou e ter medo a morrer porque os axentes tamén amezaron con matalo.
Finalmente dixéronlle que o ían levar á súa casa, pero o detido insistíu en ir á Comisaría para presentar denuncia. Dixéronlle que, se o facía, sería explusado de España. Porén, levárono á rúa López Mora, onde chegou preto das sete e cuarto da tarde, e alí comprobouse que o seu permiso de residencia estaba vixente. Os policías locais pediron que fose rexistrado por venda ilegal de mercadorías no paseo de Samil, negativa a identificarse e alteración da orde. Logo puxérono en liberdade e foi para a súa casa. Horas despois, coa mediación de avogado, presentou denuncia xudicial e no hospital Xeral-Cies foi sometido a un recoñecemento médico que constatou a existencia de constusións nas costas e na cabeza.
Logo da detención ilegal e dos malos tratos que recibíu, Mamadou Kane vivíu con medo a que lle volvese pasar algo malo. Sufríu constantes cefalalxias de orixe nervosa e non podía saír á rúa se non era acompañado. A Policía Local negou tallantemente os feitos, pero varios testigos corroboraron a denuncia de Kane. O Concello de Vigo non quixo tomar medidas disciplinarias contra os axentes a pesar de que un deles xa tiña antecedentes penais.
O 19 de abril de 1999, a Audiencia Provincial de Pontevedra condenou os catro policías a penas de cárcere por detención ilegal e a dous deles, ademais, por malos tratos, pero non atopou abondas probas para condenalos por comportamento xenófobo. Un dos axentes foi condenado a catro anos de prisión, e os outros tres a tres anos de cárcere. Tamén lles foron impostas penas de entre 8 e 10 anos de inhabilitación absoluta e a pagarlle a Mamadou Kane unha indemnización.
O 18 de xuño de 1999 foi recorrida a sentencia, e o 12 de xullo de 2001 definitivamente ratificada polo Tribunal Supremo, que non admitíu que puidera probarse a circusntancia agravante de motivación racial. En defensa dos policías condenados, o alcalde sostivo que os catro ou cinco casos de malos tratos documentados daquela, publicados pola prensa, non representaban un número excesivo e que os que criticaban a conduta dos axentes estaban creando un clima de hostilidade. O Concello seguíu negándose a a estudiar medidas disciplinarias, a pesar de que un dos axentes condenados xa fora retirado varias veces do seu posto e pasara polo cárcere.
Porén e segundo informacións daquela época, o caso de Mamadou Kane non constituíu supostamente un caso illado en Vigo. Outros africanos, entre eles varios senegaleses, foron vítimas de prácticas policiais irregulares denominadas “o paseíllo”, levadas a cabo pur unha minoría moi determinada de axentes da Policía Local contra vendedores ambulantes. En 1996, un xuíz absolveu a un destes vendedores por considerar xustificada a resistencia que ofreceu contra unha detención ilegal perpetrada por oito policías locais.
Está en Vigo o Far West? E non me refiro ao de Billy the Kid.

Carlos Dado-Dadá

Carlos, o do Dado-Dadá, deixou orfos os seus clientes e amigos. Enterrárno onte. A mellor homenaxe que eu lle podo facer é recomendar a lectura do artigo que hoxe publica José Luis Alvite en La Opinión e Faro de Vigo, titulado Luto con jazz y naipes. Pódese ler pulsando aquí.

miércoles, octubre 24, 2007

O cuñadísimo de Mariano Rajoy

Éche boa a que lle arrean hoxe a Mariano Rajoy en Público. Nunha das poucas veces que ata agora se ocupou este xornal de tratar temas galegos, Pancho Tristán fala dende Santiago de que “Rajoy tamén tén un cuñado”. Refírese a Manuel Fernández Balboa que firmou o 1 de marzo de 2001, cando tiña 29 anos e unha exigua experiencia profesional, un contrato como responsábel económico-financeiro da Fundación Cidade da Cultura polo que cobrou 42.000 euros anuais.
No informe sobre a polémica e faraónica obra posta en marcha polo goberno de Manuel Fraga que presentou o Consello de Contas de Galicia ponse en dúbida a natureza legal dese contrato por non reunir “as características precisas para configurar un suposto de persoal de dirección”. Durante o tempo que o cuñado de Rajoy dirixíu as finanzas da Cidade da Cultura o custo inicial desta megalomanía supostamente cultural, cifrado en 108 millóns de euros, multiplicouse pr máis de tres. Fernández Balboa foi cesado en setembro de 2005, pouco despois de chegar á Xunta o actual goberno bipartito.
Como salienta Público, só tres profesionais firmaron contratos de alta dirección coa Cidade da Cultura nos tempos de Fraga, e os tres presentaban vencellos familiares de primeiro grado con altos cargos do PP. Un deles é Manuel Fernández Balboa, cuñado de Mariano Rajoy. Outro, Alfredo Díaz Grande, marido de Pilar Rojo, que era delegada provincial de Cultura en Pontevedra cando o seu home foi nomeado director da oficina do proxeto de Gaiás. Rojo foi nomeada pouco tempo despois conselleira de Familia, cargo que desempeñou ata a caída do goberno de Fraga. O terceiro, Ánxel Currás, irmán do daquela conselleiro de Educación, Celso Currás, foi xerente da cidade da Cultura.

martes, octubre 23, 2007

CRTVG, a "bebeciña"


Segundo acaba de transcender, a dirección da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (RTVG) puxo en dúbida a calidade e a capacitación lingüística dalgúns presentadores dos medios públicos de comunicación galegos. Malia leva, ou é que alguén que escoite a TVG ou a RG pode soster que os piñeirismos, luarismos e tonechadas imperantes son modelos da fala?
“A calidade e maila capacitación lingüística, en xeral, teñen que mellorar nos medios de comunicación públicos galegos para cualificala de óptima”, parece ser que lle respondeu a dirección da CRTVG ao deputado do BNG Bieito Lobeira que se preocupou por un asunto que foi calificado de “manifestamente mellorábel” utilizando unha expresión que hai anos fixo moita fortuna referíndose aos latifundios dos señores marqueses. Non sei se será que alguén foi traizoado polo seu subconsciente ou que realmente a TVG e a RG son fincas gobernadas directamente por candanseus capataces de caserío.
A mesma fonte, máis de dous anos despois de facerse cargo deses medios públicos de comunicación, lembra que esta situación é un problema “herdado” do pasado e que se debe, sobre todo, aos procesos de selección de persoal “non axeitados” e á “excesiva temporalidade” dos traballadores que se foron contratando por medio de empresas de traballo temporal sen pasaren as probas lingüísticas de acceso.
Esta explicación merece polo menos dúas consideracións. Primeira, pasaron eles, os membros desa dirección que agora tén resposta para todo, algún tipo de proba fose lingüística ou estatística? E segunda, nos dous anos longos que levan de mandato ocupáronse de correxir a situación “herdada” e con que resultados para que agora teñan que recoñecer que a finca é “manifestabemente mellorábel”?
Din que están facendo fronte a todas estas eivas adoptando diversas medidas como a de “ser máis rigorosos á hora de levar adiante as próximas ofertas de emprego” –a última tivo lugar en 1992– coa vista posta en que “o persoal da CRTVG acredite o seu pleno dominio oral e escrito da lingua naquelas categorías profesionais que así o precisen”, e eu prefiro entender que quixeron referirse a todas as categorías profesionais porque podería ter certa coña que na televisión ou na radio que foron inventadas e que son sufragadas para expresárense en galego puidese haber categorías profesionais alcanzábeis só co dominio do esperanto, poño por caso de non poñer o castrapo.
Pero que ninguén se preocupe. A solución xa a apuntou o deputado Lobeira, que debe ser un alto experto en materia lingüística galega, e consiste en regulamentar o tema mediante medidas lexislativas ou de incorporalo na nova lei de medios públicos de comunicación que din que van facer e que nunca fan. Ou sexa, unha lei que vai resolver os problemas que ata agora non foron quen de solucionar toda unha Facultade de Xornalismo –porque esa é outra– e case un cuarto de século de funcionamento da “bebeciña” galega.
Habería que preguntarse, para empezar, por que esa caterva de reporteiriños e reporteriñas tan recén saídos dunha Facultade ateigada de profesores galeguistas e ata nacionalistas como inmediatamente enchufados a unha alcachofa in live rematan salientando só polas súas voces aflautadas e polo seu uso dun galego de CCC, que neste caso non é Compañía Cervecera de Canarias senón Centro de Estudios por Correspondencia. E, a seguir, teriamos que averiguar que pasou para que unha televisión e unha radio que empezaron a emitir o 24 de xullo de 1985, pasados 22 anos, non lograran máis que competir coas súas propias mediocridades e cos seus xenuínos impulsos de faceren de botafumeiro dos gobernos turnantes.
Eis o problema. Todo o demais forma parte do ir e vir da política. Non imos precisamente na dirección de termos algún día a nosa propia BBC. E é unha mágoa.

lunes, octubre 22, 2007

A conselleira de Pesca foi a Xapón... quentar o viño

Na Xunta de Galicia púxose de moda viaxar a Xapón. Hai poucas semanas andivo por Tokio o conselleiro de Imnovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, e agora acaba de visitar o país do sol nacente a titular de Pesca, a socialista Carmen Gallego, que impartíu unha conferencia no X Foro España-Xapón, que tivo lugar en Nagasaki durante os días 20 e 21 deste mes.
Explicoulles aos xaponeses que o ano que vén Galicia poderá dispor dos primeiros alevíns de rodaballo procedentes dun stock propio de produtores salvaxes, e tamén se referíu ao plan de recuperación do polbo e á creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos", en Lira.
Seguramente os nipóns recibiron todas estas novidades con moito entusiasmo, pero a min o que máis me chamaría a atención, se fose nagasakeño, sería o xeito de quentar o viño que mostraron a conselleira e acompañantes no país do meu amigo Take Asaka. Non hai máis que ver a foto para comprobalo.

Cecilia Sarkosy é outra vez a neta de Albéniz


Aló polo anos 1965 e 1966 tocoume vivir no este de Francia. En Séremange, no país das tres fronteiras que forma a división administrativa de Thionville, departamento de Mezt. Daquela era aínda moi mozo, pero xa tiña o agora inveterado costume de ler varios xornais cada día. Foi cando collín a teima de non rematar a xornada sen botarlle unha ollada a Le Monde, algo que seguirei facendo mentres que viva. Os xornais locais alí eran –e seguen sendo– L’Est Républicain e Le Républicain Lorrain.
Dende que hai internet aínda os miro agora de cando en cando. Este domingo pasado o L’Est Républicain publicou unha entrevista exclusiva con Cécilia Sarkosy, que agora volve ser Cecilia Ciganer-Albéniz, a muller que acaba de divorciarse do presidente francés Nicolas Sarkosy. Trátase dunha longa confesión da polémica ex primeira dama francesa que non vin aínda publicada en ningún xornal español e si con gran desplegue de maquetación no lisboeta Diario de Noticias,támen do domingo.
Aínda que esta muller de orixe español aborda as cuestións que lle plantexa o entrevistador, Yves Derai, con extraordinario pudor e ata se podería dicir que con exquisita discreción, as declaracións de Cecilia Ciganer-Albéniz resultan sen dúbida de indiscutíbel interese humán. “No 2005, encontrei a alguén, enamoreime e marcheime quizais precipitadamente, visto o contexto aínda mediático no que vivía daquela –comenza dicindo nesta entrevista–. Quixen tratar de comportame correctamemte e de regresar por ver de reconstruír algo, por tentar volver aos principios aos que estaba acostumada e cos que fun educada. Esta é a razón pola que todo pasou rapidamente sen que eu puidera xestionar as circunstancias”.
Á hora de autodefinirse por riba dunha vida pública que di que non corresponde ao que ela é na profundidade de si mesma, manifesta que é alguén “que ama a sombra, a serenidade, a tranquilidade. Eu tiña un marido que era un home público, sempre o souben, e acompañeino durante vinte anos. Este combate levou a un sitio, algún sitio no que eu atopo que el é formidábel, porque é un home de Estado, un home que é capaz de facer moito por Francia e polos franceses. Pero penso que este non era o meu lugar. Xa non é máis a miña praza. E, como din decote os xornalistas e os cronistas, elixíuse un home e non unha parella”.
Cecilia agora ex Sarkosy –que, por certo, é parente do alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón– conta o que lle pasa co que parece ser a mellor sinceridade persoal: “Un día, un non ten máis o seu sitio na parella. A parella non é unha cousa esencial da vida, isto non funciona, non marcha. As razóns son inexplicábeis. Pásalle a moita xente. E isto é o que nos pasou a nós. Como nós temos un certo número de principios, tratamos de reconstruír, de reedificar, de poñer a familia diante de todo, esa familia recomposta da que todos os franceses falaron, de facer que fose prioritaria, pero non nos foi posíbel. Ensaiámolo todo, eu probeino todo, pero simplemente non era posíbel”.
Foi durante a última reunión dos países do G8, que tivo lugar en Alemania en xuño pasado, cando a ex muller de Sarkosy decidíu tirar a toalla. “Durante o G8 –conta na entrevista concedida a L’Eest Républicainpreferín irme porque o meu sitio non estaba alí. Se non fun votar foi porque non me atopaba ben, non era para min o momento de mostrarme… Unha das perversións da miña posición é a da obrigación de explicarme sobre o feito de que preciso vivir tranquilamente, oculta”. Isto último parece preocupala seriamente porque máis adiante volve a dicir que “se, ademais, a miña vida privada é explicada, disecada, con cousas aberrantes que eu lin, o seguro é que eu sufro, todo o mundo sufriría. Os que din o contrario non din a verdade: non hai concha abondo sólida para protexerse disto”.
Esta muller, que agora di que vai tratar de vivir discretamente e na sombra, como a ela lle gusta, seguirá dando que falar sen dúbida. Mentres remato de escribir estas liñas entérome de que a edición francesa da revista Elle, a orixinal e xenuína, adiantou a saída aos quioscos para publicar tamén unha entrevista coa ex primeira dama de Francia.

viernes, octubre 19, 2007

Aymerich esvarou sobre a cabeza de Alonso Montero




A biblioteca que lle vendeu Xesús Alonso Montero á Xunta vai camiño de converterse en algo parecido á de Alexandría, pero con máis manipulación política. A Carlos Aymerich, voceiro do BNG no Parlamento, non lle importou dala por desaparecida e non pedíu de milagre que se puxera a buscala o CSI do bipartito, e o xornal La Voz de Galicia tampouco dubidou en darlle curso á trécola levado seguramente pola súa actual teima de arrear sobre todo o que se move na capital de Galicia.
El Correo Gallego, xornal de Compostela que sempre se distingue por seguirlle a corrente a quen está no poder, tardou só unhas cantas horas en publicar o lugar onde están os libros, manuscritos, documentos, xornais e revistas de Alonso Montero. En total, arredor de 17.000 –máis publicacións periódicas que libros– e están convenientemente gardados no Centro Superior Bibliográfico de Galicia, que ten a súa sede no número 61 da rúa compostelá do Horreo, a moi escasos metros do lugar parlamentario dende o que se pronunciou Aymerich con máis vontade de largar o que fose que de manter o rigor que deberían comprender as súas palabras cando fala ex catedra. Dase a casualidade que o Centro Superior Bibliográfico de Galicia depende da Consellería de Cultura, departamento que dirixe Ánxela Bugallo. Polo tanto, tan difícil lle resultaría ao deputado, tamén nacionalista, averiguar que pasaba e onde estaba a biblioteca de Alexandría, digo de Alonso Montero? Non sería que Aymerich preferíu disparar ao ar e ver se lle caía algo na cabeza ao vendedor dos libros, que sempre foi e segue sendo un personaxe co que os do Bloque parecen pasalo ben poñéndoo na picota?
Por se houber moitas dúbidas para responder a última pregunta, Carlos Aymerich, máis que embainala cando se víu desmentido radicalmente pola realidade, o que se lle ocurríu foi abanear novamente a espada dicindo que hai que responder á pregunta de por que se compraron eses libros. Pois que se responda. A iso e a todo o que faga falta.
Non é que queira deixar en evidencia o voceiro do Bloque, pero o que el non atopou tan preto de onde se move normalmente a súa vida política, decubríuno Croques só con cruzar a rúa. Os libros, as revistas, os documentos, os manuscritos e os xornais que perteneceron a Alonso Montero e que foron adquiridos con destino á futura Biblioteca Nacional galega están perfectamente clasificados e almacenados á espera dese destino, gardados en caixas de cartón. Unha delas aparece na fotografía. A inscripción AM quere dicir Alonso Montero e os números corresponden aos exemprares catalogados que están dentro dela.
Anda que como as investigacións parlamentarias sexan tan curtas e tan veraces coma que levou a cabo Aymerich –e deu pr boa La Voz de Galicia– sobre os libros de Alonso Montero, aínda habemos ir aviados.

Médicos do CHUS auséntanse sen deixar quen atenda as súas prazas


A finais de setembro, o Servizo de Aparato Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) deixou sen atender a varios pacientes debido a que o xefe do departamento, Enrique Domínguez Muñoz, e o facultativo especialista da área de Dixestivo Xulio Iglesias García ausentáronse de Santiago sen deixaren quen cubrira as súas ausencias.
Familiares de varios enfermos queixáronse no servizo de Atención ao Paciente sen que se saiba ata agora se o xerente do hospital tomou algunha medida. Un dos afectados pola situación creada a un familiar seu, Xoán Xosé Álvarez Carril, é director do departamento de Planificación Enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que depende da Consellería de Imnovación e Industria da Xunta de Galicia.

jueves, octubre 18, 2007

A parábola da bicicleta

O tandem é unha bicicleta impulsada por dous usuarios. Ámbolos dous pedalean, pero só un deles dirixe o vehículo. O de atrás tamén leva guiador, polo conto de agarrarse, mais as funcionalidades deste segundo manillar non son iguais ás do que manexa o ciclista que vai diante. O usuario posterior non pode cambiar a dirección, pero suponse que se puxo de acordo co usuario anterior. Moi importante: antes de montarse cómpre acordar non só o destino senón tamén os camiños a seguir para chegar.
Existe, ademais, un compromiso explícito de compartir o esforzo que o empeño esixe evitando simulacións. Non se trata de facer que se pedalea, senón de pedalear ritmicamente ao son das necesidades que impoña o territorio e que esixa a velocidade requerida. A tecnoloxía posta ao servizo da relación impulso/velocidade chámase cambio de marchas e tamén é unha ferramenta posta nas mans do ciclista dianteiro, aínda que é certo que boa parte do delicado mecanismo atópase instalado debaixo das nádegas do ciclista posterior que, porén e como fica dito, non pode controlalo.
Alcanzado o acordo, correspóndelle ao ciclista dianteiro dirixir o vehículo, pero isto non o exime da obrigación de pedalear. Puidera ser que, concentrado nalgún momento en outear o horizonte, o vigor do seu pedaleo afloxe algo e iso é comprensíbel, pero non debe servir en ningún caso de excusa para tomar un respiro excesivo. É máis, hai quen sostén que o ciclista dianteiro debe dar exemplo ao que vai atrás, marcar o ritmo e introducir novos ánimos cando o require a orografía.
Da mesma forma, enténdese que o ciclista que vai diante debe moderar os ímpetos e a velocidade do tandem. Debe facelo mantendo unha interlocución fluída co outro ciclista e evitando no posíbel usar os freos que so manexa el, así como impedindo a necesidade de acudir a manobras de emerxencia (dirixir o vehículo á gabia, buscar intencionadamente unha caída en blando, etc.).
Tampouco está ben vista a participación de terceiros, que normalmente non están subidos ao tandem, ou utilizar procedementos traumáticos para provocar a caída (paos nas rodas, pedras no camiño, etc.).
A bo entendedor... de que e de quen estamos falando?

miércoles, octubre 17, 2007

Embaixadora galega ben pagada

Acaba de anuncialo o PPdeG. A socialista María Xosé Porteiro, flamante delegada da Xunta de Galicia en Arxentina, vai gañar máis ca un conselleiro, case 7.000 euros ao mes, nun país no que o promedio salarial non chega a 600 e nunha cidade, Buenos Aires, na que ir ao cine custa entre 1,70 e 2,50 euros, pagar unha entrada do Teatro Colón de 1 e pico a 30 euros, ir ao fútbol entre 3,5 e 11 euros, comer unha pizza pouco máis de 1 euro, unha boa parrillada para dúas persoas a partir de 3,5 euros, almorzar nunha cafetaría abondo menos de un euro, facer un percorrido de oito minutos en taxi menos de dous euros, comer á carta a partir de tres euros, comprar o xornal pouco máis de 3o céntimos e dormir nun hotel de cinco estrelas 190 euros, 110 se é de catro, 40 de tres, 22 de dúas e 15 de unha estrela.
Non parece logo que a primeira "embaixadora" galega que nomea Touriño vaia pasar fame no país onde se come a mellor carne do mundo e se beben algúns dos mellores viños tintos, os de Mendoza, e tamén dos blancos, os de Salta. Porteiro é, ademais, persoa ilustrada e vivirá no paraíso das librarías da rúa Corrientes, aínda que xa non son o que foron, e nas boutiques de Maipú, por exemplo, e por lugares nos que seguen abertos centros comerciais que conservan preciosos murais de Luís Seoane. Non sei se aínda vivirá o Fechorías, un galego peculiar que era dono dun restaurante de postín do mesmo nome polo que pasaba o tout Buenos Aires da política e da farándula. Con tanto carto que vai gañar a Porteiro se cadra ata podía montar nun lugar coma ese o seu despacho oficioso. Houbo un tempo pasado no que un embaixador de España case chegou a facelo, pero Fechorías botouno da súa casa de mala maneira. Desexámoslle mellor sorte á embaixadora galega.

Carod-Rovira deu a volta ao "ruedo ibérico"

Josep Lluis Carod-Rovira non é que sexa santo da miña devoción, pero non me doe nada proclamar que me encantou a intervención que tivo onte no programa de TVE Tengo una pregunta para usted. Cando unha miñaxoia que se fixo chamar Montserrat lle quixo atopar cinco patas ao gato, o líder de Esquerra Republicana aproveitou a ocasión para lucir como un brillante dialéctico que é capaz de ser enormemente máis moderado e civilizado ca inmensa maioría dos que tratan de escintilar subíndose á chepa do seu suposto radicalismo independentista. Abondou con que a tal homónima da virxe moreneta arremetera contra el chamándolle José Luís para que Josep Lluis lle dera no lombo todo o que merecía coa mesma medicina que tamén probou, pouco máis tarde, unha fachendosa facha de Valladolid que quixo meterse no mesmo fregado.
A verdade é que a última edición deste programa que presenta o irmán de Mercedes Milà a min servíume para convencerme de que hai moita máis intelixencia, axilidade mental, cultura e ata principios democráticos nos líderes minoritarios que nos grandes caïdes (non confundir con caciques necesariamente) do bipartidismo español. Tanto Gaspar Llamazares como Josep Antoni Durán i Lleida, e non digamos Carod-Rovira, estiveron a unha altura dialéctica e movéronse diante da cámara cunha naturalidade e un derroche de credibilidade que xa lles gustaría poseer a José Luí Rodríguez Zapatero e a Mariano Rajoy cando lles tocou pasar polo mesmo programa.
No que onte se puido ver en TVE quedou definitivamente claro que hai moita vida política fóra do PSOE e do PP. Felizmente, e que sexa para ben.

Iolanda Castaño con fronteiras

A que xogan Aduaneiros sem Fronteiras e esa señorita que se ve a si mesma tan guapa e da que din os presentadores de televisión que é poeta e os poetas considérana showoman? Seguramente calquera das dúas partes andaban buscando cadanseu minuto de groria e atopárono. Os primeiros facéndolle caso a un picapleitos que se dirixíu a eles esixíndolles que retiraran da súa web un determinado xoguiño inocente de espir e vestir unha moneca que parecía que levaba a cara de Iolanda Castaño. E a autora-espectáculo en cuestión, pensando que é a reina de Saba e que da súa figuriña de Blancaneves co cesto valeiro non se ri ninguén, procurou os servizos do avogado Pablo Carvajal de la Torre, que non dubidou en amedrentar aos probiños adueneiros que non coñecen máis fronteiras cas do medo á xustiza, polo visto.
Que a Iolanda Castaño non lle gustaran algunhas apreciacións que fixeron dela na web "aduaneira" paréceme normal. Quen se mira tanto no espello remata tendo unha imaxe demasiado fixa de si mesmo. Pero claro, alguén tan "modernito" coma ela debería ter un maior coñecemento da lexislación vixente e, sobre todo, unha idea máis apropiada da liberdade de expresión. Non lin os comentarios que, polo visto, apareceron nesa páxina, pero o que é o célebre ispe-viste non hai xuíz neste país que se lle ocurrise prohibilo.
Por que tiraron, logo, a toalla os aduaneiros? Eles saberán, pero a grandilocuencia coa que redactaron o comunicado público de peche da web tampouco é moi propia de quen di cultivar o humor. Pódese ler pulsando aquí.

martes, octubre 16, 2007

Trova do vento que passa

Esta podía ser unha foto histórica. De esquerda a dereita, José Barata Moura, Vitorino, José Jorge Letría, Fausto, Manuel Freire, Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira.

Onte púxose á venda en Portugal un disco homenaxe a Adriano Correia de Oliveira, "o heroi dos cantores de intevençao da resistencia antifascista e do Portugal de Abril", segundo o definíu Miguel Azevedo no xornal lisboeta Correio da Manhâ. "O mais corajoso de todos, o primeiro a cantar os versos poribidos, a cançâo que punha em causa o regime e a guerra colonial", por dicilo con palabaras do poeta portugués Manuel Alegre, naceu en Avintes (Vila Nova de Gaia) o 9 de abril de 1942, e morreu no mesmo lugar o 16 de outubro de 1982.
Foi unha das grandes voces do Portugal e da xeneración de Zeca Afonso, co que gravou o seu primeiro disco, Fados de Coimbra, e con quen compartíu inquedanzas políticas e culturais. "O seu legado, como acaba de salientar Miguel Azevedo, poucas veces foi lembrado à altura da sua importáncia mas sempre teve a particularidade de despertar o fascinio de quem o descobre pela primeira vez. Ele cantava en qualquer sitio. Desde que houvesse uma viola ele até cantava em cima dum tractor".
Agora, temas como Trova do vento que passa, Tejo que levas as aguas, E alegre se fez triste, Para Rosália ou Rosa de sangue pódense volver a escoitar nas voces de Ana Deus, Raquel Tavares, Miguel Guedes, Tim, Vicente Palma, Nuno Prata e Margarida Pinto neste novo disco que nos devolve a figura do gran Adriano Correia de Oliveira que case sempre se servíu dos poemas de Manuel Alegre para facer as súas cancións.
"Bendita a época em que os músicos pensavam e cantavam", palabras de Ana Deus, que tamén dixo que "isso perdeu-se".

Casetas de Turgalicia para os amigos?


O 2 de outubro apareceu no DOG un anuncio da Sociedade de Imaxe e Promocón Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) convocando un concurso aberto "do servizo consistente na realización dunha caseta de Turgalicia para doce feiras de turismo do ano 2008", por importe 1 millón de euros.
O curioso do caso é que resulta sospeitoso que non se respectara a tramitación ordinaria para presentar este tipo de ofertas. O anuncio en cuestión marcou a data límite para presentalas no 5 de outubro, é dicir, tres días despois de ser publicado. Coida alguén posíbel presentar en 72 horas o deseño dunha caseta que represente a Galicia en doce feiras, co correspondente prezo? Vendo cousas destas, malia levan os malpensados que sempre sospeitan que este tipo de ofrecementos públicos esconden unha formalización contractual dirixida a quen xa estaba no allo da proposta. Ademais, o tal concurso botou man do orzamento de 2006, que evidentemente xa estaba pechado, para cubrir importe do millón de euros.

lunes, octubre 15, 2007

Óscar Pereiro, sempre con mulleres

Óscar Pereiro, o noso gran corredor de bicicleta, por fin xa recibíu o maillot jaune que lle corresponde como gañador do Tour 2006. Nun acto que tivo lugar no Consello Superior de Deportes en Madrid, foille entregado por Christian Prudhomme, director da famosa competición ciclista francesa, e por Patrice Clero, presidente da empresa organizadora do Tour.
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, que sinte polo deportista de Mos unha admiración moi especial, a súa directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a alcaldesa de Mos, María Xesús Escudero, non resistiron a tentación de retratarse con Óscar nunha foto que se cadra é histórica.

Por que se rompe España?

jueves, octubre 11, 2007

Carlos Vázquez, botado da Radio Galega


Coñezo e aprezo a Carlos Vázquez dende que era cura, aló polos tempos escuros da longa noite de pedra. Cultivamos el e máis eu a amizade persoal ata elevala ao cumio da irmandade andando o ano 1977, época na que el foi xerente da revista Teima e eu un humilde redactor desta publicación galega que por desgraza non logrou callar no paranorama comunicativo da transición política do franquismo á democracia.
Explico todo isto porque vou falar del. O día 1 de setembro Carlos Vázquez publicou un artículo de opinión no xornal coruñés La Opinión, titulado Cascos azules en la Radio Televisión Gallega. Podería presentar aquí un resume, pero coido que o lector atento agradecerame que o reproduza enteiro. Léano primeiro e logo cóntolles o que lle pasou ao autor por mor de publicalo.

Cascos azules en la Radio Televisión Gallega
Tienes toda la razón, querida Laila, el choque entre el Vicepresidente del Gobierno y un simple responsable de los informativos de la televisión pública, con el argumento de que el alto cargo del Ejecutivo es “minorizado” en los espacios informativos, huele a crisis política. Y esto no es normal. Cómo es un absurdo que el primer resultado del choque sea que una parte del Gobierno, en mezquina represalia por su presunta “minorización”, deje de facilitar información al medio público y que cuatro Consellerías, del mismo palo, muestren malestar en la misma dirección.
Comprendo, querida, tu pasmo y perplejidad porque resulta extraño que un Vicepresidente del Gobierno, como Anxo Quintana, se enfrente pública y directamente con Roberto Cid, que no es más que el Director de los Servicios Informativos de la TVG y que tiene por arriba, en el organigrama del ente público, a sus jefes: el Director de la TVG y el Director General de la CRTVG.
Sin embargo, amiga mía, esto, que parece raro, no lo es tanto porque, en la CRTVG, el organigrama es una mera ficción burocrática, que no tiene realidad política ni practica alguna. Por eso a Quintana ni se le ocurre resolver el asunto con el Director de la TVG que, mira tú, es de los suyos, sabedor de que Jesús Iglesias no tiene autoridad ninguna sobre su subordinado formal, el bueno de Roberto Cid. Es más, cuando, como parece, trata el Vicepresidente de implicar al Director General de la Compañía, Benigno González, no lo hace para llegar al tal Roberto Cid, sino para llegar con el problema al Presidente Touriño, porque sabe muy bien cuales son las posibilidades y limitaciones del propio Director General, que Quintana mismo contribuyó a establecer.
Con la CRTVG, en lugar de hacer una nueva ley de la compañía como habían prometido, se ha producido la lotizzazi’one, ese fenómeno, tan frecuente con los Gobiernos de coalición italianos, que viene a ser el reparto exhaustivo de todo el poder, de arriba abajo y sin espacios comunes. Y esta lotizzazi’one, en la CRTVG, ha devenido en una verdadera libanizzazi’one, donde no solo se confrontan los partidos coaligados sino todas las diversas fracciones, los señores de la guerra y el sursum corda. Hoy la CRTVG es un verdadero avispero donde se dan batallas, alianzas, traiciones, tensiones diarias, presiones y ajustes de cuentas, que casi siempre obedecen a guerras de poder inconfesables y exentas de cualquier nota de dignidad y nobleza.
Y si todo esto no ha saltado ya en mil pedazos se debe esencialmente a dos cosas. Una, que siempre hay personas y profesionales capaces de superar las peores condiciones y que encuentran espacios de colaboración en la legítima diferencia. Basta ver, por ejemplo, como la constante confrontación en la TV entre la Dirección y sus Informativos, no se da en la Radio entre su Dirección y sus Programas, siendo similares sus diferencias políticas. Y otra, el extraordinario papel de equilibrio que juegan la Dirección General, la Dirección Económica y la Dirección de Recursos Humanos, que son una verdadera fuerza de interposición, los Cascos Azules en este Líbano particular, que el Bipartito no ha sabido evitar.
Se impone abordar cuanto antes la nueva Ley del ente público, en la dirección que está en los programas de los partidos del Gobierno y que se recogió en aquella iniciativa legislativa popular, que el PP abortó. Es curioso, porque ahora Núñez Feijoo se queja, y con razón, de la misma medicina que los suyos aplicaron a fondo. A lo mejor aprende y ahora colabora en conseguir un ente público autónomo del Gobierno y plenamente libre de dependencias partidarias. Es el sueño de la normalidad, querida. Un beso. Andrés.

Despedido da Radio Galega
Dous días despois de aparecer publicado este artículo, Carlos Vázquez foi despedido como comentarista do programa da Radio Galega A Crónica, no que viña participando unha vez á semana dende hai máis dun ano. Tino Santiago, director do programa, díxolle que prescindía da súa colaboración pola sinxela razón de que o director da Radio Galega, Virxilio Costas, vetou a presenza de Vázquez en antena. "Dille que el sabe por que é. Non ten unha voz radiofónica", parece ser que foi o argumento do teórico mandamáis da Radio Galega.
Efectivamente, Carlos Vázquez non ten unha voz moi "radiofónica". Foi operado dunha grave enfermidade hai algún tempo e padece as secuelas conseguintes, pero dase a casualidade de que esa característica xa a presentaba cando foi chamado para colaborar na Radio Galega hai máis dun ano e, no tempo que pasou dende aquela, non se operou precisamente nin o miragre de que lle desaparecera a voz rouca nin a desgraza de que a cousa fose a pior.
Que é o que realmente mudou da voz crítica e solvente de Carlos Vázquez nos primeros días de setembro deste ano? A publicación do artigo de La Opinión que acaban de ler. Resulta que non lles gustou nada, pero nada de nada, aos que mandan actualmente nos medios públicos de comunicación galegos, e alguén pronunciou a frase: A ese que o boten. E botárono. Igualiño que con Franco ou con don Manuel, para que imos disimular.
Pero Carlos Vázquez, forxado na teoloxía da liberación primeiro, no marxismo despois e no realismo crítico sempre, non é dos homes que se calan ou que din que chove cando están mexando por eles. Volveu a agarrar a pluma e escribíulle unha carta a Virxilio Costas, director da Radio Galega. En vez de resumila e comentala, vouna reproducir tamén enteira. Para que os comentarios sexan postos polos lectores. A carta di o que segue a continuación:

Santiago, 4 de septiembre de 2007
Virgilio Costas Pumar

Director da Radio Galega

Santiago de Compostela


Ayer lunes, un Tino Santiago un tanto demudado, me informó de que tú, como director de la RG, vetaste mi presencia en las tertulias de tu emisora para la temporada que se avecina. “Dile que él ya sabe por qué es. No tiene una voz radiofónica”, dijiste. ¡Claro que sé por qué es! ¡Cómo no voy a saberlo! Lo que pasa es que Tino nunca me lee, y eso que es amigo. Mientras que tú, si la cosa salió de ti, o alguno de tus prebostes, de ser un mandado, sí leísteis mi artículo del pasado sábado en la contraportada de La Opinión, “Cascos Azules en la radio Televisión de Galicia”, donde analizaba, con un suave toque critico, lo que estáis haciendo con los medios públicos de este país.
Virgilio, hay que ver lo que aprendiste en poco tiempo sobre esto de las represalias. Al represaliado y a su entorno debe dejárseles muy claro por qué se les castiga o reprime, porque si no la vendetta pierde su efecto ejemplarizante. Pero la ejecución debe “parecer un accidente” siempre, porque la versión oficial y la coartada son necesarias para garantizar la impunidad. De verdad, Virgilio, lo haces muy bien, pero no vayas a creer que la cosa es novedosa, que cada día que pasa, más “estoy sintiendo tu perfume embriagador”. Aunque puesto a ser sincero contigo, fíjate bien, hasta me malicio de que tu decisión-reacción no está exenta de ese miedo cerval, que hace al subalterno más papista que el papa y que también es muy frecuente en el modelo de relaciones de poder que estáis desarrollando en la RTVG. Afortunadamente, el asunto tiene poca importancia, que al fin y al cabo es sólo una tertulia y mi nada radiofónica voz, que sirvió la temporada pasada para invitarme y permanecer en el programa, no representa a ningún colectivo ni su ausencia va a suponer nada para el respetable. Lo peor es que emplees este mismo método con tus subordinados que se juegan retribuciones, horarios, condiciones de trabajo o incluso el puesto. Aquí si que estas prácticas pueden tener ya más importancia. Otra cosa es que un periodista, convertido en directivo de un medio público, se decida a separar de un programa o a vetar a alguien porque no le gusta lo que ha escrito, opinado o expresado con toda legitimidad. Esto sí que es un problema porque nos indica hasta que punto es cierto que el poder corrompe. Y corrompe mucho, porque toca cosas esenciales, aunque el poder sea tan poco y tan delegado y subordinado como el tuyo. Por eso, Virgilio, yo no puedo desearle a gentes como vosotros que lleguéis más alto. Son razones de seguridad de las libertades. Dado que nos podemos imaginar muy bien de lo que seríais capaces con cuatro gramos más de esa droga dura, que es el poder y el mando en plaza. En todo caso, no pienses que estoy afligido o cabreado. Al contrario, estoy muy feliz por poder comprobar que hay alguien que me lee, aunque seáis sólo tú y tus mandarines. Porque para un redactor circunstancial y bien modesto de artículos mediocres como los míos, sentirse leído e incluso ver que lo que escribes afecta a alguien, aunque sea para mal de uno mismo, no deja de ser una satisfacción y una cierta recompensa. En fin Virgilio, esto es una anécdota. Puede que significativa, pero anécdota a la postre, y ya pasó. Te escribo porque prefiero dirigirme a ti personalmente, más que por intermediarios u oscuros mensajes cifrados. Me aseguraré de que esta carta te llega y, no te reocupes que yo explicaré lo que pasó a quien me pregunte, dejando claro lo del articulo, para que la gente se aperciba, y lo del accidente, para que te quedes tranquilo. Un cordial saludo. Carlos Vázquez

Eu só vou facer un comentario: Derrotamos para isto electoralmente a Manuel Fraga Iribarne? Que nin sequera é verdade que o derrotásemos. Imos de vitoria en vitoria ata a derrota final.

miércoles, octubre 10, 2007

A Xunta propicia o minimileurismo


A Xunta está perdendo ducias de xuízos nos xulgados do social. Son demandas presentadas por traballadores contratados como asistencias técnicas, individualmente ou a través de empresas, que acaban reclamando a súa inclusión no réxime xeral como contratados laborais. Desta maneira, o cadro de persoal da Xunta están engordando e non a través de oposicións senón mediante sentencias xudiciais.
Aínda a pesar de que estaba claro que estas malas prácticas da Administración galega anterior á chegada do bipartito eran mesmo ilegais, o novo goberno progresista presidido por Emilio Pérez Touriño, con Anxo Quintana de vicepresidente, segue uitilizando o mesmo sistema para satisfacer as súas necesidades laborais convertendo empresas de diversas actividades en entidades asimiladas ao sector do traballo temporal (ETT).
Para que todo sexa aínda pior, a Xunta é quen fixa indirectamente o salario deses traballadores, marcando os orzamentos de licitación, propiciando que os novos traballadores cobren por debaixo do convenio colectivo que lles corresponda e, por suposto, por debaixo dos 1.000 euros. Polo que se ve, para esta Xunta, os mileuristas son unha especie de "millonetis".
Para explicar as cousas dicía meu tío Enrique Muruais que hai que poñer exemplos. Pois vaia un. A Consellería de Imnovación e Industria anunciou o 27 de maio no DOG un concurso para a "clasificación, descrición, ordenación e instalación da documentación da Consellería no aqruivo administrativo desta consellería (sic) e preparación das transferencias que sexan posibles ó arquivo xeral".
Pedía daquela o departamento que rixe o nacionalista Fernando Blanco, cando menos, dúas persoas que fosen licenciadas ou doutores por un importe máximo de 65.000 euros por ano e valoraba nun 80 por cento as melloras relativas a prezo e número de persoas (40 por cento por prezo, 30 por cento por persoas e 10 por cento por ordenadores, un por persoa).
Desta maneira, a Consellería non só marcou o máximo de ingresos económicos senón que tamén determinou á baixa os salarios. Ademais, as condicións do contrato estabrecido entra de cheo nos supostos que a Xunta está perdendo diante dos tribunais, ou sexa, que o seu futuro legal é o da fixeza deses traballadores.
Cal foi o resultado? Pois que a empresa á que se adxudicou o concurso, Archidoc, S.L., ofreceu tres persoas licenciadas ou doutoras, tres ordenadores, gastos de transporte, etc. por 62.400 euros. Aínda que a empresa non ganase un peso, e as empresas non se montan para isto, atopariamonos co seguinte: 62.400 euros con IVE, 53.448 sen IVE, 17.816 euros por ano e licendiado ou doutor, máis impostos, seguridade social, transporte e outros gastos. Un licenciado ou doutor, cobrando o mínimo do convenio que lle corresponde, custa 22.821,72 euros. Canto lles vai pagar Archidoc, S.L. coa adxudicación da que foi obxecto? Calculen os lectores. Eles seguramente xa o saben.

martes, octubre 09, 2007

Francfort, e se fose Galicia?


Hoxe comenza a Feira Internacional do Libro en Francfort coa polémica servida. Este ano a convidada de honra é a cultura catalana, que acude só con autores que escriben en catalán. Cento corenta actos literarios e académicos, 65 espectáculos e 15 exposicións, sobre unha superficie de 171.790 metros cadrados, na que serán expostos máis de 388.000 libros e pola que circularán arredor de 800 artistas participantes na celebración máis importante do libro.
Hoxe en El País, Josep Bargalló, director do Instituto Ramón Llull e coordinador da presenza catalana en Francfort, di que "nesta feira trátase de mostrar a literatura que nos singulariza como cataláns, a que nos é propia e que xunta os diversos territorios de lingua catalana". E, cando o entrevistador lle retruca preguntándolle se escritores como Juan Marsé ou Eduardo Mendoza (que escriben en castelán) son cultura catalana, Margalló, que é nacionalista, responde: "Si, pero cultura española tamén. E Quim Monzó tamém, aínda que igual o discute... ou non. En calquera caso, é o que dicía o outro día o ex presidente da Generalitat Jordi Pujol: Rilke e Kafka son checos, pero non forman parte da literatura checa senón da alemana porque escriben nesa lingua. Quen escolle unha lingua para escribir sabe que está escollendo unha literatura. E dende o primeiro momento tiñamos claro que non viñamos a Francfort explicar dúas literaturas".
Que pasaría se fose Galicia a convidada a Francfort? Resulta evidente que, se se aplicaran aquí os criterios da administración actual de Cataluña, a feira do libro máis importante do mundo tería lugar sen a presenza dos galegos que actualmente escriben en castelán que, ainda que non sexan Valle-Inclán, Cela, Torrente, Camba ou Fernández Flórez, algún haberá que mereza a pena e sen ter que recurrir a Marta Rivera de la Cruz.
Os lectores poden dicirme que esta polémica xa tivo o seu curso neste blog hai poucos días, pero eu non resisto a tentación de volver a plantexala á luz da feira francfortiana. Os que quieran participar teñen a palabra. Por exemplo, temos nós un Juan Marsé? Un Eduardo Mendoza? Unha Cristina Peri Rossi? Que é a nosa Luísa Castro?

O xuíz Calatayud e a educación actual


Emilio Calatayud Pérez é o titular do Xulgado de Menores Único de Granada dende 1988, de paso que exerce como xuíz suplente de vixianza pentitenciaria. Naceu en Ciudad Real o 22 de decembro de 1955, licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto e accedeu á carreira xudicial en 1980.
É dos que pensan que "se a xustiza de menores funciona como debe, estaremos disminuíndo a xustiza de maiores o día de mañá". Sempre se mostra convencido de que a educación é un elemento liberador, e a su pretensión é cambiar a cultura xudicial internista e vengativa en reinsertadora, reparadora e humanista. Pitagoriano ata a médula, sempre repite que hai que educar os nenos para que non sexa preciso castigar os maiores. Recibíu numerosos premios e ata foi proposto como modelo a seguir pola conselleira de Xustiza da Junta de Andalucía, en 2004, para os xuíces que se ocupan da delincuencia xuvenil. É coautor dun Diccionario Básico Jurídico (Granada 1986) e de Legislación Básica sobre Menores Infractores (Granada 1995).
Como exemplos do tipo de xustiza que acostuma impartir a menores de idade, tres sentencias. Unha impoñendo a un xoven a obrigación de asistir a 100 horas de clase de Informática por crackear varias empresa de Granada nas que causou danos por valor de 2.000 euros. Outra na que condena a 100 horas de servizos á comunidade, patrullando xunto a un policía local, por conduccir temerariamente e sen permiso. E unha máis condenando a un rapaz a estar 50 horas debuxando un comic, no que tivo que contar a causa pola que foi castigado, e a facer dúas visitas á planta de Traumatoloxía de Granada, por conducir un ciclomotor sen seguro.
Na segunda quincena de setembro Emilio Calatayud participou nunha mesa redonda na que se falou dos problemas da mocidade. A súa intervención foi moi sonada. Paga a pena vela nestes videos: Parte 1 e Parte 2 (premer por orde).

lunes, octubre 08, 2007

Morramos como galegos


Foto de ceremonia, o día que chegou o primeiro gaseiro, Galicia Spirit.

Blanco e Tojeiro déronse a man o día que entrou o primeiro gaseiro en Reganosa.


BAP&Conde é unha axencia publicitaria coruñesa que de momento vai de victoria en victoria e non parece que se dirixa á derrota final. Creada hai dez anos por Miguel Conde, a súa facturación xa anda polos 18 millóns de euros anuais polo que ostenta o liderazgo da súa actividade e figura entre as 20 primeiras axencias de publicidade españolas de capital estatal. Ten oficinas na Coruña e Madrid, e conta con clientes que van dende a alimentación, distribución e venda de coches, comunicación, etc.
Nos últimos días alcanzou o seu momento de gloria cun anuncio realizado para a cadea de supermercados Gadis que está sendo comentado non só entre os medios especializados senón tamén por parte do gran público. Trátase de Vivamos como galegos, unha producción sen dúbida meritoria dende os puntos de vista creativos e publicitarios –polo tanto, comerciais– que parece querer inscribirse nos alicerces dunha publicidade inspirada no identitarismo e ata no nacionalismo galegos. De ser así, habería que concluír que o cliente para o que foi feito este anuncio, Gadis, estaría a dar un cambio moi notábel na súa inspiración comercial, xa que ata agora o grupo de empresas fundado por Roberto Tojeiro non se significou moito nesta dirección aínda a pesar de que o seu principal mercado foi e segue a ser o galego.
Postos a especular, poderiamos preguntarnos: Influíron na deriva de Gadis as aparentemente excelentes relacións que manteñen o dono do grupo e o concelleiro nacionalista de Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco? É Gadis unha das empresas que podan estar escoitando as odas pindáricas do BNG? Realmente o conselleiro de Industria non se mostrou tacaño con Tojeiro. Acudíu gustoso retratarse na panza do primeiro gaseiro que atracou en Reganosa para descargar gas licuado na polémica planta regasificadora de Renagosa, instalada en Punta Pomontoiro, no medio e medio da ría de Ferrol, e non aforrou retórica a favor da suposta condición estratéxica de tal industria. O romance, polo tanto, sería posíbel entre Tojeiro e Blanco, digan o que digan agora BA&Conde e o director de mercadeo de Gadisa, Antonio Cortés Lobato.
Que dirán, pola contra, os veciños de Mehá que seguen pechados no Concello de Mugardos para que esta planta de gas non se poña a funcionar definitivamente? Porque non hai que esquencer que Roberto Tojeiro, para rendabilizar ao máximo os terreos que tiña a súa empresa Forestal del Atlántico en Punta Promontoiro, foi quen promoveu a creación de Reganosa e quen cabildeou para que se instalara onde non a queren dous tercios dos habitantes de Ferrol e a súa comarca.
Seguramente para eles o de Vivamos como galegos non é máis ca Morramos como galegos. Desgrazadamente levarían a razón se chegase a haber algún día un accidente grave nunha planta de gas que é como a que os italianos de Brindisi lograron que non se puxera a andar.

A Touriño médranlle os ananos


Dicía eu hai pouco que a Touriño aínda non lle empezaron a medrar os ananos, pero algo me fai pensar que poden estar a piques de empezar a facelo. A actuación que tivo onte en Buenos Aires o noso Jack Nicholson subido de quilos que é Celso Parada se cadra non está mal como proba de que as hormonas dese crecemento están a facer efecto. Segundo informan hoxe algúns dos xornalistas que participan na excursión pagada a cargo dos contribuíntes, o famoso intérprete de Libro de familia sorprendeu os galego-porteños contando chistes de carreteiro mentres que non chegaba o presidente da Xunta.
Para mostra, un botón: "Nosotros le decíamos 'Carmiña, enséñanos el mejillón' , y Carmiña nos mostraba aquel su bichito bivalvo. Y yo, asombrado, nunca comprendí por qué en los libros a aquello le llamaban bivalvo. Gracias, Carmiña, por encendernos las bombillas de la niñez con tu mejillón como un chocolate sabroso". E outro botón: Celso Parada, falando da súa tía, dixo que se dirixía a el "con su sonrisa y unas enormes tetas" que apuntaban cara el como "un tsunami que amenazaba" e que lle daban ganas de "mamar, de estar mamando en sus pechos y en los pechos de todas las mujeres del mundo".
Colléronlle a gracia a este campión do humor bodevilesco? Pensar que, hai trinta anos, nos queixabamos de Xan das Bolas! Non me estraña que María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade, e María Xosé Porteiro, famante delegada de Galicia en Arxentina, puxeran cara de noxo.
Mentres que ocurría todo isto, Pepiño Blanco aproveitou a ausencia do presidente da Xunta e a celebración do San Froilán en Lugo para anunciar a contratación das obras da A-54. Nin sequera quixo contar coa conselleira do ramo, María Xosé Caride. Debeu pensar en que andaría ocupada en levar auga á súa piscina. Días antes, Blanco convidou a comer a varios alcaldes da súa corda no agora xa pechado pero aínda famoso restaurante Chocolate de Vilaxóan, entre os que estivo Abel Caballero, alcalde de Vigo.
En fin, que Touriño non debería demorarse moito por América. Non vaia ser que lle medren os ananos e mesmo que algún deles vaia pensando en moverlle a silla.

domingo, octubre 07, 2007

Amarrou en Reganosa o octavo gaseiro


Minutos despois das tres da tarde de hoxe, rematou de atracar no peirao de Reganosa en Punta Promontoiro, ría de Ferrol, o octavo barco gaseiro que descagra na polémica regasificadora. Trátase do LNG Cross River.
Os veciños de Mehá que están pechados no salón de actos do Concello de Mugardos acudiron con pancartas a protestar á beira da fábrica, onde se xuntaron con eles numerosas persoas que se desprazaron dende Ferrol, seguindo a convocatoria realizada polo Comité Cidadán de Emerxencia. Coas pancartas e a través de berros, os concentrados expresaron dúas ideas básicas: Planta de gas fóra da ría e A ría é nosa e non de Reganosa.

Atentaron contra os veciños de Mehá que están pechados no Concello de Mugardos


Na foto grande, estado da fachada antes do lume. A outra foi tomada tralo incendio.


Arredor das 6,30 horas de hoxe, persoas ata agora descoñecidas prendéronlle lume á pancarta que había na fachada do Concello de Mugardos dende que os veciños de Mehá iniciaron, o 23 de xullo, un peche de protesta para esixir que non se autorice definitivamente o funcionamento da planta de gas de Reganosa dentro da ría de Ferrol.
Nesa pancarta indicábase os días que van transcorrendo dende que comenzou a protesta. No momento en que a queimaron marcaba o 75. Hoxe estase a cumprir o 76. Os autores do atentado non dubidaron en poñer en perigo as vidas das persoas que estaban dentro do Concello. Se o lume ou o fume da combustión entrara no salón de actos, onde están os pechados, non se sabe o que podería pasar.
Nun comunicado emitido hai poucas horas, os afectados consideran que esta é a terceira agresión que reciben. A primeira, segundo eles, o "secuestro dun mural por parte do alcalde", e a segunda foi a explosión dun artefacto no interior dun contedor de vidro preto das vivendas dos veciños e do local onde habitualmente se reunen.
Máis de seis horas despois de acontecido este último incidente, o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, aínda non se dirixíu aos afectados nin sequera para preguntarlles se lles pasa algo. Luz Marina Torrente, presidenta da Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá, considera, ademais, que nin a Policía Local ou outra representación do Concello presentaron denuncia polo sucedido.

Quen é López?


Nos últimos días producíronse varias entradas de lectores que insistiron en preguntar quen é López, o autor das viñetas que ilustran boa parte dos posts deste blog. Onde vai López? preguntaron outros. Non vou revelar a identidade de López, que é cousa súa, pero vou dar unha pista: a modestia non é unha das súas virtudes. Mirade este debuxo.

viernes, octubre 05, 2007

O photoshop de García Sabell


Falando de Valle-Inclán (arrediós colóuseme un xerundio!), na páxina 22 do libro do seu neto Javier del Valle-Inclán Alsina, que me honra permitíndome contalo entre os meus mellores amigos, pódese ver unha foto histórica. Paseando (outro máis, vaiche boa!) pola Alameda conmpostelá na compaña de Fernando Barros Pumariño e Domingo García Sabell foi fotografado o escritor das "barbas de chivo" pouco despois de que, o 7 de marzo de 1935, chegara a Santiago e se hospedase no hotel Compostela para ingresar posteriormente na clínica do doutor Manuel Villar Iglesias, logo de pronunciarlle unha das súas frases lapidarias: "Vengo para que haga usted un milagro conmigo".
Esa foto convertíuna despois García Sabell nun dos seus trebellos totémicos. Iso si, previamente maquillada. Daquela non había photoshop nen se cadra cutex, e debeu ser unha simple tesoira a que fixo o milagre de despareceren da instantánea Barros Pumariño, unha nena moi vestidiña de época e un señor de sombreiro que miraba moi atento para o autor das Sonatas. Así retocada, a foto apareceu publicada en varios sitios aos que chegou pola man de García Sabell. Son pequenas historias da historia coa que se escribe a Historia.

Valle-Inclán galego?

Deep Trought, unha das gorxas máis fondas que acostuman visitar e comentar este blog, deixoume esta maná a seguinte mensaxe: "Ayer leí el libro que escribió para el Concello (de Santiago) su nieto bibliotecario (bueno y portuno). Un dato: el Partido Galeguista defendía la galleguidad de la obra de Valle (quizás a su pesar). Sin embargo, hoy la línea "oficial" de la cultura galleguista mantiene que ni Valle ni Torrente son escritres gallegos". O libro ao que se refire é Valle-Inclán en Compostela, escrito polo seu neto Javier del Valle-Inclán Alsina e publicado recentemente pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, que por certo está rexida polo nacionalista Néstor Rego Candamil.
Dear Deep Trought: Vostede plantexa unha polémica tan vella como interesante. A suposta galeguidade dos nosos escritores que escriben en castelán. Eu, a bote pronto e sen ningún ánimo de anoxar a Paco Rodríguez ou a Xavier Alcalá, nin a ningún dos tropecentos comisarios da lingua que viven á conta do contribuínte, diríalle que me parece unha ximnasia tan estúpida como a de erguer as saias dos anxos para mirar se son machos ou femias. Se Valle Inclán, Torrente, Cela, Camba ou Fernández Flórez non son escritores galegos, que carallo serán Alfredo Conde, Iolanda Castaño ou, poño por caso, Luís González Tosar? E lamento dicir isto que sei que vai contra á corrente impetuosa do politicamente correctísimo que tenta arrastrarnos.
Que pasaría se Valle nacera en Palafruguell e vivira eternamente enamorado de L'Empordà como lle pasou a Josep Pla, e non vale retrucarme que o autor de La huída del tiempo tamén escribíu Els Pagesos, por poñer dous exemplos? Ou se Valle fose Pío Baroja. Negaríanlle a carta de cidadanía literaria os cataláns e os vascos? Os vascos non o teño claro, pero os "polacos" teriano nun trono case tan alto como o da Moreneta

jueves, octubre 04, 2007

Xerundismo nunca máis

Machadada fatal no gerundismo. Así titula hoxe o portugués Ferreira Fernandes a súa columna que aparece en Diario de Noticias. Lembra e comenta un caso que eu non dubidaría en calificar de boa práctica política. O gobernador de Brasilia, José Roberto Aruda, asinou o seguinte decreto: "Decreto número 28314. Art. 1º - Fica demitido o Gerúndio de todos os órgâos do Governo do Distrito Federal."
O xerundio, como di Ferreira, é a modo de un tempo verbal que non fai, vai facendo. Touriño non goberna, vai gobernando. Quintana non canta o himno, vaino cantando. Feixóo non respecta a Fraga, vaino respectando. A única excepción do xerundismo quizais sexa Antón Losada, que non é que vaia sendo un túzaro. É que é mesmamente túzaro.
Houbo un tempo en que os publicistas –agora gostan de seren chamados creativos– non paraban de usar o xerundio. Fecendo país, creando ideas, alongando a vida... Valíalles calquera cousa con tal de que fora xerundio. Había un, amigo meu, que sempre se cabreaba comigo porque lle dicía que era da panda do xerundivos. Agora non é que lles pasara o andacio, pero botan menos man dos xerundios.
Tamén lles pasa o mesmo a moitos escritores que non son quen de artellar dúas frases subordinadas sen que leven outros tantos xerundios. Non vou dar a lista deles porque menguaría aínda máis a nómina dos que aínda me queren ver diante, pero celebro moitísimo o decreto do gobernador de Brasilia. A ver se se anima Méndez Romeu a mandar á firma algo parecido, pero que non empece dicindo considerando...

Non hai nada como ser normal


Tiña eu un amigo moi "porreiro", que é como din divertido os portugueses, que cando lle presentabas a alguén mirábao aos ollos e inmediatamente espetáballe: E logo, ti canto pagarías por ser normal? O meu amigo xa moreu hai varios anos e isto que conto sucedía en tempos nos que aínda os políticos non se puxeran a normalizarnos a todos con leis dunha cousa e da outra.
Se Chatolas vivira, refírome ao meu amigo, seguramente dicía que xa somos normais. Ou polo menos igualiños que noutros lados. Temos menores de idade que conducen coches irrespectando as normas de circulación, fuxen da Garda Civil e rematan empotrando o vehículo contra os gardas. Conselleiras que lle enchen a piscina os bombeiros de Camariñas. Presidentes de goberno que veranean en casas que son propiedade de controvertidos anticuarios de Ourense. Menos a Fraga, probiño, temos de todo.
Ata temos un Concello, o de Portomarín (Lugo), onde a aritmética electoral (4 PP, 3 PSOE, 2 BNG) nos iguala mesmamente á Italia dalgunhas circunstancias repetidas. A alcaldesa, Silvia Rodríguez, é socialista e logrou o cargo grazas aos votos do BNG, pero para que lle asignaran o salario mensual tivo que contar cos votos do PP. Os nacionalistas pasaron dela neste caso. E agora, nun pleno que tivo lugar onte, vai Xoán Serrano, voceiro do PP, e proponlle a Xesús López, conseller en cap do BNG, que sexa alcalde mediante unha moción de censura na que contaría cos votos dos conservadores. E o nacionalista non dixo que non. Limitouse a responder que o estaban collendo por sorpresa e que agradecía o ofrecemento, de paso que manifestou que "a situación de desgoberno actual non pode manterse, pero nada máis polo momento".
Alguén ten aínda dúbidas de que xa somos "normalitos y corrientes"? Pois fíxese no que pasa con iso dos chanchullos inmobiliarios de Telmo Martín en Pontevedra. Despois de ser alcalde de Sanxenxo e de estar a piques de selo da capital do Lérez, descúbrese que cobraba sobreprezos en diñeiro negro que non debía reflexarse nos documentos de compra dos pisos que constrúe e vende. E a quen tiña de cobrador do frac? Pois a un irmán do alcalde nacionalista de Poio. Ou sexa, que somos normaliños de todo. Como en Italia, como en Marbella, como en calquera sitio. E para isto tanta lei de normalización lingüística? Anda que se non aplicasen ningunha e nos deixaran falar a todos como fan os cartiños na empresa esa de Telmo Martín, os galegos xa eramos normais e andariamos dereitos tamén no uso do galego. Non hai nada como ser normal. Antigamente tiñamos o embigo na testa, houbo unha mudanza e baixósenos á panza.