Os MacClann
con Clarence Mitchel
Almiral Mouchez, un dos máis brilllantes opinantes que frecuentan este blog, retoume hai poucos días a que me pronunciase sobre o desenlace que pode acabar tendo o xa famosísimo caso Madeleine, o da nena británica desaparecida no Algarve portugués. Ata me picou dicíndome que comparecese e contestase expoñendo a miña hipótese sobre o caso. ¿Para que tes un blog se non sabes andar nel?", chegou a preguntarme con certo descaro que eu sei ben que é amistoso.
Pois ben, voume tirar á piscina. Considero que o matrimonio MacCann é inocente e que os pais da nena están sendo vítimas dun descomunal "marrón" co que os quere extrangular a Policía portuguesa ou sendo voluntaria ou involuntariamente utilizados de cebo para atraer ao verdedaeiro ou verdadeiros culpábeis da desparación de Maddie. Tratariase, no segundo caso, de facerlles cometer aos sospeitosos o erro definitivo que os levara á gaiola de ferro.
Estaría nesta última liña probabelmente algo que se pode ler entre liñas na declaración oficial que fixo na tarde do mércores o fiscal distrital de Évora para confirmar que non foron determinados novos interrogatorios aos "argüídos" do caso do desaparecemento de Madeleine MacCann por non seren apurados elementos de proba que os xustifiquen. "Nao tendo sido recolhidos, posteriormente aos interrogatórios efectuados no passado día 7 do corrente mes de Setembro, novos elmentos de prova que justifiquen novos interrogatórios, nao foram os mesmos determinados", explicitou o citado fiscal xeral de Évora, Luís Bilro Verao, segundo acaba de difundir a axencia Lusa de noticias.
E hai aínda outro punto máis chamativo na súa declaración que se require á fase de inquérito na que anda o proceso xudicial. Quixo salientar o fiscal que "nao foi excluída nenhuma linha de investigaçao" e que "prosseguirao diligencias, sob a direcçao funcional do Ministério Público, a cargo da Polícia Judiciária e que se desenvolverao de accordo com o correspondente plano establecido".
Pódese sumar a isto o compromiso rotundo que adquiríu hai poucas horas Clarence Mitchell deixando de ocupar o posto de alto colaborador do Goberno británico para asesorar a Kate e a Gerry MacCann. "Fago isto –dixo no lugar onde viven os pais de Maddie– porque dou por certo que eles son vítimas inocentes dun crime fedorento, e estou listo para abandonar a miña carreira ao servizo do Goberno para asistilos". Segundo Mitchel, "o obxectivo da familia é atopar a Madeleine e saber por que desapareceu". Os MacCann volveron a recibir axudas económicas importantes para levar a cabo esta búsqueda e a demostración da súa inocencia. O dono da compañía aérea Virgin, Richard Branson, xa puxo á súa disposición 150.000 euros con esta finalidade.
O caso podería virar rapidamente cara unha solucción nos próximos días. No horizonte das sospeitas volve a aparecer a figura dun veterano colaborador da Policía portuguesa, o británico Robert Murat, e pode haber sorprendentes revelacións sobre persoas que mesmo ocuparon ou ocupan cargos públicos. Toca esperar. ¿Conforme, Almiral Mouchez?
13 comentarios:
Mamma mia, despois das súas palabras vivimos sen vivir en nós. Estaremos atentos á pantalla.
Un saúdo, mestre.
Despois de ler case enteiro todo o que escribe unha tal Elvira Saez de Alberola nun blog que se chama escepticismocriminoloxico, e de repasar tamén a inmensidade de chorradas que lle mandaron os seus lectores, eu tamén empezo a decantarme claramente pola hipótese de que os pais da nena sexan inocentes no tocante á súa desaparición.
Outra cousa é que non teñan responsabilidade, e moita, no circo propagandístico e mediático que se montou arredor do suceso.
A ver se se aclara pronto.
Estou, Don Perfeuto, abraiado.
En todos os sentidos.
Eu fíome moito sempre do seu instinto, da súa experiencia e da súa capacidade analítica, xa o sabe.
(E por suposto, da información que manexa.)
Sigo agardando, coma tantos millóns de persoas, o deselance, claro...
Pero permítame só un brevísimo apunte, por se lle merece algunha consideración.
Os Estados Pontificios (vulgo o Vaticano), que como vostede non ignora posúen un dos mellores servizos de información do mundo -claramente subsidiario doutros moitos servizos europeos e non europeos, pero iso neste caso tanto nos ten- desmarcáronse hai uns días a mil por hora de calquera vínculo co asunto que nos ocupa.
E unha cousa máis, abusando do seu tempo e do dos seus contertulios: revise, se ten ocasión, o xesto que fai o Papa xa cando tivo que atender os pais da nena na piazza de san pietro. Observe a bendición da foto...
(Non é ese o xesto dun home convencido de que a nena xa non está neste mundo e de que...)
En fin, deixémolo así.
Grazas por tanto atención.
Que teñan todos bos días e moita sorte.
ALMIRAL MUCHEZ
Eu tamén lin algo dese blog que cita Meirás, e paréceme talmente unha intoxicación dirixida dende a Policia Judiciaria portiuguesa para ir mantendo a súa hipótese de culpabilidade dos MacCann. A proba é que Elvira Saez adiantouse case nun mes na exposición de determinados datos e análises que logo foi filtrando a PJ.
A apreciación que fai Almiral Mouchez ou Muchez, é propia de que ten unha mente moi perspicaz coa que sabe analizar as cousas, pero eu dirialle neste caso que a reacción do Vaticano, retirando da súa web os vestixios da visita que lle fixeron os MaCann, é característica dunha institución tan enormemente conservadora e prexuizosa coma que preside Benedito XVI.
Se cadra non significa nada máis nada co desexo primario de apartarse de calquera perigo supostamente contaminante. Aquilo tan vello de actuar para que non te vexan en malas compañías.
Hase saber algún día o que pasou.
Perdoen que lle lo diga. Non estarán vostedes botando a rodar unha perigosa teoría conspiratoria que ata pode ser difamante para a Policía portguesa? Eu, entre o traballo de investigación ben realizado que parece que están facendo e os chiripitifláuticos médicos británicos eses, inclínome a favor dos "polícias". Home non!
Felicito ao autor deste blog pola premura coa que aoita facer as súas análises. Acabo de ver o telexornal de Tele 5, xoves 20, 14,30 horas, e deron conta do cambio de rumbo que toma o caso cara a inocencia dos MacCann.
Moi ben, señor Conde. Excelente resposta a que lle deu vostede a ese Bastián Gómez Trabadelo, que debe ser alguén sen ningún sentidiño. Refírome á contestación que aparece nos comentarios que corresponden ao seu post titulado "Günter Grass galego".
Só por esta reacción súa tan sensata, terame sempre entre os seus lectores.
Desculpe que non me identifique.
Por certo, a tal "experta" criminolóxica Elvira Saez de Alberola leva "missing" moitas horas. Onte, 19, ás 15:57 colgou o seu último post dicindo que anda atarefada cun perfil psicolóxico desta familia, que lle levará un tempo facelo, e que, de todos os modos, hai pouco que comentar. Anda que se chega a habelo!. Para min que esta autora de "esperticies" escribía ao ditado de certo sector da Polícia Judiciária portuguesa, e está empezando a percatarse de que pode ficar colgada da brocha.
Boas noites a todos.
Estiven reflexionando sobre esta cuestión, e gustaríame rectificar:
Verdadeiramente, creo que se estes señores acaban sendo inocentes, o que se está a facer con eles é unha auténtica canallada.
Polo tanto -e pido desculpas por case presupoñer a súa culpabilidade- retornemos, pido, á sempre imprescindible e irrenunciable presunción de inocencia.
Saúdos, amigos.
Almiral Mouchez
Eu penso que a policía portuguesa sabe que os pais están involucrados,ter probas concluyentes e outro tema.As veces tes que coller a xente coas mans na masa para poder levalos a un xuez.Non me creo que a policia sea corrupta.Tal e como reaccionan os pais non entra dentro do considerado normal, dende logo si son inocentes o culpables nada nos extrañaria xa.
http://kalysis.blogspot.com opina contrario
Saúdos
Ten que se documentar un pouquiño máis, d. Perfeuto Cond:
un adianto de hemeroteca
http://sosmaddie.blogspot.com/
Publicar un comentario