lunes, septiembre 24, 2007
O caso Fabián Garrido
Enriba, o xuíz Carballal Paradela. Enbaixo, a historiadora asturiana Marta Carpín.
O xuíz titular de Primeira Instancia de Cambados (Pontevedra) Xoán Carlos Carballal Paradela non é dos que tiran a pedra e esconde a man. Demostrouno asistindo como un valente á taboa que tivo lugar o sábado pasado sobre a lei de enxuizamento criminal, a impunidade legal do franquismo, do procesual ao penal, dentro das xornadas que se desenvolveron no Grove arredor do tema O dereito a saber, a liberdade de investigar, do 19 ao 22 de setembro.
Paredes mesmo se converteu na estrela das xornadas dende o momento en que empezou a súa intervención recoñecéndose como o xuíz que ditou o famoso auto que obrigou a Fabián Garrido a retirar dunha páxina web un escrito do seu pai no que relacionaba a un ex alcalde do Grove coa represión fascista que seguíu ao golpe de estado franquista de 1936. Garrido pai foi un militante comunista que pasou dúas veces polos campos de concentración de Hitler e que deixou escritas unhas memorias nas que lembra o que pasou no Grove cando empezou a guerra civil. Daquela aínda non cumprira 18 anos e víu como un panadeiro que se chamaba Xoán foi preso en presenza dun veciño que xa fora alcalde do Grove antes da República e que volveu a selo nos primeiros anos do franquismo. Esta persoa axudoulle á garda civil a prender o panadeiro nunha escea que Garrido fixou máis tarde nas súas memorias e que o seu fillo colgou en Internet. Dase a circunstancia de que este alcalde de dúas ditadudras, como lembrou nas xornadas Antón Mascato, actual concelleiro de Cultura do Grove, foi o pai de Xaquín Álvarez Corbacho que tamén foi alcalde desta vila pontevedresa, pero dende posicións políticas ben diferentes xa que era militante do Partido Comunista cando desempeñou a alcaldía.
Xoán Carlos Carballal, o xuíz que tentou prohibir a difusión destas memorias, sen percatarse sequera de que xa tiñan sido publicadas parcialmente antes nun libro de Aurora Marco, aguantou como un machote o chaparrón de críticas que lle choveu enriba tanto por parte de outros participantes nas distintas mesas como pola parte de numeroso público. Fixo uso dun magnífico galego e tivo momentos de gran capacidade dialéctica, pero non estivo á mesma altura cando tratou de dilucidar a cuestión dicindo que o que pasaba era que ninguén estaba a entedelo. Unha persoa, dende as butacas, berroulle: “É que todos somos moi burros”.
Especialmente acertada estivo a historiadora da Universidade de Oviedo Marta Capín que non dubidou en deixar a un lado a disertación que traía preparada para participar nuna mesa redonda sobre A investigación na procura da verdade e dedicou o tempo que lle correspondía a responderlle moi contundentemente ao xuíz Carballal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Esto de la memoria histórica acabará siendo un arma incontrolada de destrucción masiva de la concordia. Y, si no, al tiempo. Ejemplo típico, el que aparece contado en este caso. El padre alcalde de dos dictaduras de un hijo alcalde comunista. ¿No habría que decir los dos alcaldes de tres dictaduras?
Vaia ho! Xa se colou un facha.
Hai un erro grave na información. O xuiz chámase Juan Carlos Carballal Paradela. A medida legal adoptouna a petición dos irmáns Álvarez Corbacho e pola parte dos Garrido non se personou ninguén na súa defensa; nesa situación ó xuíz élle dificil facer outra cousa. José Manuel Paredes Castañón, catedrático de dereito Penal no País Vasco, foi outro dos membros da Mesa ó lado de Alberto Estévez, de Amnistía Internacional, e de Avelino Ochoa, avogado. A tesis deste, avalada polo Tribunal Constitucional e polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, de que os feitos, aínda errados, aos que se chegue a través dun método histórico científico non poden ser axuízados foi, incluso, compartida polo xuíz e, ademáis, forman parte das Conclusións das Xornadas que alguén debería colgar aquí polo seu interese e porque centran, perfectamente, os problemas aos que se enfrontan os historiadores e sinala camiñas para a súa solución.
Moito lle agradezo ao anteror comunicante Anónimo a súa puntualización na que leva razón en todos os puntos. As presas do case "live broadcast" levoume a fixarme mal nos nomes dos participantes da mesa na que estaban tanto o xuíz Xoán Carlos Carballal Paradela como o catedrático de Dereito Penal da Universidade do País Vasco, Xosé Manuel Paredes Castañón. Saiban ámbolos dous que lles pido as máis humildes desculpas por ter confundido os seus nomes. Desexo que comprendan que só foi un erro involuntario produto de tomar mal as notas sobre a marcha. I am so sorry!
Perfecto conde
Publicar un comentario